Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Parlamento
15/5/2013 Insta a que se revisen os convenios coas entidades antiabortistas comprobando se con eses cartos están financiando a campaña propagandística para que se reforme a actual lei
A CIG participou na concentración convocada en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos da muller ás portas do Parlamento con motivo da presentación dunha Proposición non de Lei rexistrada polo BNG sobre a Contrarreforma da Lei do Aborto. Un debate parlamentar no que o Partido Popular se pronunciou abertamente a favor do Anteproxecto de lei de Modificación da Lei do Aborto impulsado por Gallardón, cos mesmos argumentos que os exhibidos polo movemento Hazte Oír, Derecho a vivir, iniciativas como Borra el aborto e organizacións financiadas con cartos públicos da Xunta de Galiza como é o caso de Red Madre.
13/2/2013 O vindeiro domingo, día 24 de febreiro, convocan unha manifestación comarcal en Ferrol
A primeiras horas da mañá furgóns policiais rodeaban o Parlamento de Galiza e pechaban ao tráfico as rúas lindeiras provocando o colapso de Compostela. Era o dispositivo preparado polo goberno da Xunta para recibir aos traballadores e traballadoras de Navantia que tiñan convocada unha manifestación, coincidindo co pleno do Parlamento, para denunciar a ausencia dunha partida orzamentaria para a construción do dique flotante e para exixir explicacións do Presidente da Xunta a respecto dos prometidos ‘floteis’ de PEMEX.
30/1/2013 A presidenta da cámara vetou a súa entrada, o que provocou o plante da oposición que, malia todo, conseguiu que accederan ao pleno
Delegados/as de Navantia e traballadores/as da USC concentrábanse diante do Parlamento, coincidindo co debate dos orzamentos de 2013. Os grupos da oposición cursaran convites para que representantes destes colectivos puideran asistir á sesión plenaria. Ante a decisión da presidenta da cámara de prohibirlles a entrada, os deputados/as da oposición plantaron ao PP no debate, saíron a buscar ás persoas convidadas e facilitaron o seu acceso ao pazo do Hórreo. Desde a tribuna de convidados alzaron carteis en demanda de carga de traballo e en defensa dos servizos públicos e de inmediato foron expulsados/as.
11/1/2013 Reuníronse co gurpo parlamentario do BNG ao que entregaron o manifesto no que se recolle o grave deterioro da súa situación laboral
A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos reuníase este venres co grupo parlamentario do BNG para expor a situación na que se atopan as empregadas e empregados públicos, por mor dos recortes laborais e salariais aprobados polo PP en Galiza e facerlle entrega do comunicado da convocatoria de mobilizacións previstas para o vindeiro xoves, día 17 de xaneiro en todas as comarcas do país. Na xuntanza, o BNG anunciou que solicitará a supresión de todos os artigos recollidos na Lei de Orzamentos referidos a recortes nas retribucións do persoal da administración.
2/11/2011 A presidenta da cámara, Pilar Rojo, impediu aos representantes dos traballadores/as asistir ao pleno
Traballadores e traballadoras da CRTVG concentrábanse esta mañá diante do Parlamento coincidindo coa votación da Lei dos Medios Públicos, que foi aprobada cos votos a favor do PP e do PSOE e que só tivo os votos en contra do BNG. Denunciaban, como levan facendo desde que se comezou a tramitar o texto, que incrementa o control gobernamental, abre as vías á súa privatización e pon en perigo o emprego.
2/2/2011 O BNG, dando conta das peticións da central, leva esta tarde ao Parlamento unha proposta non de lei sobre a situación en Galiza da atención xudicial ás vítimas
O Consello Xeral do Poder Xudicial, a raíz dun escrito remitido pola CIG, acordou dirixirse ao Ministerio de Xustiza e Igualdade para instar ao goberno a desenvolver a Lei integral de violencia de xénero e crear, no menor espazo de tempo, as agrupacións de partidos xudiciais nesta materia que permitan dar unha atención axeitada ás vítimas. A dotación de xulgados especializados en cada unha das sete cidades galegas é unha reivindicación que a Federación de Administración Pública vén facendo dende hai anos.
21/12/2010 Delegados/as da área pública da CIG concentráronse diante do Parlamento para manifestar a súa oposición a uns orzamentos que favorecen a privatización, precarización e perda de calidade dos servizos públicos
A CIG saíu novamente á rúa para manifestar a súa oposición aos orzamentos que o PP vén de aprobar no Parlamento. Delegados e delegadas das federacións da área pública da central sindical concentráronse, durante o seu debate e votación no Hórreo, para denunciar que se trata dos orzamentos máis restritivos e antisociais que se teñen aprobado en Galiza. Suso Seixo denunciaba, no decurso da mobilización, que a redución dos investimentos nos sectores produtivos povocará un incremento, aínda maior, do desemprego e que a drástica caída das partidas destinadas aos servizos públicos ten como obxectivo favorecer a súa progresiva privatización.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com