9/2/2010
Considera que os sindicatos estatais préganse ás teses da patronal malia estar demostrado que a redución dos salarios non mellora a creación de emprego
CCOO, UGT e as patronais CEOE e CEPIME veñen de asinar un preacordo estatal de negociación colectiva cunha vixencia de tres anos que supón, na práctica, a conxelación dos salarios dos traballadores e traballadoras afectados. O preacordo prevé un incremento salarial cun tope do 1% para o 2010, de entre o 1 e o 2% para 2011 e de entre o 1,5 e o 2,5% para 2012, cunha clásula de revisión salarial ao remate do período. A CIG entende que este preacordo é “claramente negativo”, que se impuxeron as teses da patronal e que transcorridos os tres anos tampouco se aplicarán as cláusulas de revisión salarial.
9/3/2009
A CIG do Barco critica a actitude deste sindicalista
A patronal louseira en Valdeorras ven de “fichar” como portavoz e responsábel de prensa ao Secretario da UGT na comarca, Pepe Paradelo. Segundo informan desde a CIG de Valdeorras, "fontes fidedignas, próximas á cúpula empresarial, veñen de confirmar esta “fichaxe” que a enmarcan no aforro de custes laborais e como unha medida de loita contra a crise económica que está a vivir o sector".