Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
peche hospital
22/4/2010 Familiares dos pacientes que aínda permanecen no centro interviron ao remate da mobilización para esixir a continuidade da actividade
O mércores 21 de abril ás oito da tarde saía a manifestación contra o peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo. Durante a manifestación, o nutrido grupo de manifestantes esixiron a continuidade do hospital e denunciaron a actuación dos responsábeis da ONG e ás ameazas e coaccións ás que teñen sometido a traballadores/as e aos/ás doentes e ás súas familias.
6/4/2010 Realizarán quendas de vixilancia para evitar o traslado dos/as doentes que aínda permanecen ingresados/as
O persoal e os familiares das seis persoas que aínda permanecen ingresadas iniciaron na mañá deste martes un peche indefinido no hospital da Cruz Vermella de Vigo para evitar o traslado dos doentes e o peche definitivo do centro. Os traballadores e traballadores tiñan intención de trasladar hoxe as súas reivindicacións até a dirección provincial do Sergas, mais atopáronse cun dispositivo policial que lles impediu acceder ao edificio.
5/4/2010 Esta semana o persoal reunirase coa representación da ONG e xa ten convocadas novas mobilizacións
O Comité de empresa e os familiares dos pacientes do Hospital da Cruz Vermella de Vigo reiteraron esta mañá o rexeitamento ao peche do centro decretado pola ONG e reclamaron ao Sergas e ao Concello de Vigo que abran negociacións coa organización de cara a acadar un novo concerto que evite a destrución de 70 postos de traballo e deixe sen a atención axeitada a outros 70 doentes. O persoal, que esta semana manterá unha nova xuntanza coa representación da Cruz Vermella, mobilizarase mañá martes e ten convocada unha manifestación cidadá para o vindeiro 22 de abril.
17/3/2010 Denuncian que a ONG xa despediu a cinco traballadores/as eventuais
Os traballadores e as traballadoras do hospital da Cruz Vermella de Vigo trasladaron na mañá deste mércores as protestas contra o peche do centro até a sede da organización en A Coruña, onde desenvolveron unha ruidosa concentración para esixir o mantemento do servizo. Dende a CIG lémbrase que non existen causas económicas que xustifiquen a decisión desta organización e reclamouse ao Sergas que actúe de inmediato para evitar un peche que deixará na rúa a 70 traballadores/as e a 70 doentes, que requiren de atención permanente.
16/3/2010 A CIG-Saúde destaca o éxito de participación e a implicación do persoal nesta nova protesta
Ás 11 da mañá deste martes 16 de marzo daba comezo o peche na entrada do hospital Xeral de Vigo en protesta pola privatización da sanidade pública que o goberno galego pretende realizar. A medida de protesta, segundo informaron dende a CIG-Saúde, está sendo todo un éxito de participación e implicación do persoal.
15/3/2010 O venres encadeáronse e mobilizáronse diante do Concello
O persoal da Cruz Vermella de Vigo segue a mobilizarse en contra do peche do hospital e a eliminación de 70 postos de traballo. Nesta ocasión as traballadoras e traballadores concentráronse encadeados na praza dos cabalos o venres 12 de marzo de 12 a 13h. Posteriormente se dirixiron ao Concello para seguir coas súas protestas.
5/3/2010 Será en Vigo, fronte ao Hospital ás 12.30
A Secretaria da Muller da CIG de Vigo decidiu convocar unha concentración na data do 8 de marzo, dia Internacional da Muller Traballadora, diante do Hospital da Cruz Vermella, na rúa Cánovas del Castillo, ás 12.30 para amosar a solidariedade co persoal deste centro sanitario, que son na súa imensa maioría mulleres traballadoras.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com