marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
peche patronal
9/2/2010 A autoridade laboral vén de sancionar á dirección da factoría da Limia por incumprimentos graves
20100111vidreira
A Inspección Provincial de Traballo e S.S. de Ourense vén de pronunciarse, contundentemente, sobre varias accións adoptadas pola Dirección da empresa Vidreira do Atlántico, S.A. que constitúen o núcleo básico do concurso de acredores formulado; rexeitándoas, tipificándoas como graves e, consecuentemente, sancionando a citada patronal.
18/1/2010 Delegados e membros da CIG permaneceron pechados no edificio administrativo de A Coruña dende ás dez até a unha da tarde
10-01-18 Peche traballadores Bunge I
Un grupo de traballadores de Bunge Ibérica iniciaban pouco despois das dez da mañá do luns un peche nos edificios da Xunta en A Coruña para reclamar ao goberno galego que se implique no conflito e medie diante da empresa. Os delegados non abandonaron o encerro até que foron recibidos polo superdelegado, Diego Calvo, a través do que se puido xestionar unha xuntanza a tres bandas (empresa, administración e traballadores) fixada para o vindeiro mércores 27 de xaneiro, na que se abordarán os despedimentos e o peche ilegal decretados pola multinacional na planta de Culleredo.
11/1/2010 Admite que o concurso de acredores constitúe un defraudamento de lei
20100111vidreira
A CIG, diante das últimas novas aparecidas nos medios de comunicación nos últimos dias sobre o conflito da Vidreira do Atlántico, emitiu un comunicado da prensa no que sinala que "aínda que, aos traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico, nos tería gustado ollar unha actitude activa dos Alcaldes da Limia en defensa dos postos de traballo, acompañada da presentación dunha protesta perante o Presidente do Grupo BA, polo tratamento discriminatorio e represaliante que se está a infrinxir á nosa comarca e a este País; o certo é que as noticias publicadas, relativas á reunión mantida o 8 de xaneiro na cidade do Porto entre Alcaldes e Presidente do Grupo BA, veñen confirmar e ratificar todo o que, dende Xaneiro do 2009, denunciamos os traballadores e traballadoras da Vidreira e a CIG".
25/8/2009 Existen sospeitas de que Correa Montajes y Suministros SL presuntamente abriu a mesma firma en Portugal
Montaxes metal
A CIG-Metal de Vigo denunciou, a través dun comunicado de prensa o martes 25 de agosto, o despido dos máis de 20 traballadores da empresa Correa Montajes e Suministros SL no periodo vacacional. O empresario enviou ás cartas de despido por correo, vendeu a maquinaria e aproveitou o mes de vacacións para pechar a empresa. Existe a sospeita entre o persoal de que o empresario poda ter aberto a mesma firma, auxiliar da automoción, no norte de Portugal. Ademais a dirección da empresa xa adiantou que non pagara as indemnizacións polos despedimentos "por non ter cartos para facer fronte ás mesmas".
20/8/2009 Os traballadores levan sen cobrar case cinco meses e coas portas pechadas da empresa desde hai semanas
09-07-13 Armarios Alonso
A CIG-Construción de Pontevedra denunciou que o dono da empresa Armarios Alonso de Sanxenxo rexeitou a proposta do delegado territorial da Xunta en Pontevedra para manter un encontro cos traballadores e coa presenza da administración autonómica como mediadora.
6/7/2009 Os traballadores/as tomaron esta decisión para evitar posíbeis danos na factoría e contra a saúde do persoal
09-07-06 Folga Vidreira 2
A folga de 15 días na Vidreira do Atlántico ficou desconvocada o domingo 5 de xullo por parte dos traballadores/as, ao considerar que a decisión da empresa de proceder ao peche de dúas liñas de produción constitúe un pechamento patronal ilegal, que tan só procura frustrar os obxectivos dos folguistas, así como pola reiterada “limitación e violación patronal do exercicio do dereito á folga e á liberdade sindical”.