Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
pontevedra
21/12/2012 Traballadores/as do sector e delegados/as da CIG volveron colapsar varias tendas para denunciar a actitude da patronal
Delegados/as sindicais e traballadores/as do comercio de alimentación da CIG de Pontevedra desenvolveron hoxe novas accións de protesta para reclamar o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo. A mobilización, que ao igual que as levadas a cabo anteriormente en tendas de roupa noutros puntos do país consistiu en coller dos estantes gran cantidade de produtos para unha vez na caixa devolvelos, colapsou durante máis dunha hora un supermercado do centro da cidade. No caso de Ourense a protesta desenvolveuse o xoves nunha tenda de roupa do centro comercial Pontevella.
15/12/2012 O secretario xeral da CIG non descartou -ao inicio da manifestación celebrada en Pontevedra contra a represión sindical, a reforma do Código Penal a lei de taxas xudiciais- a posibilidade de convocar unha folga en defensa da negociación colectiva
O secretario xeral da CIG fixo un chamamento aglutinar forzas para crear un movemento social amplo que obrigue á dereita e ao PP a mudar as súas políticas “antisociais e represivas” ao remate da manifestación nacional celebrada hoxe en Pontevedra contra a represión sindical, a reforma do Código Penal a lei de taxas xudiciais. Varios milleiros persoas marcharon polas rúas da cidade até a Subdelegación do Goberno español para denunciar os ataques contra a contestación social aos recortes e alertar sobre a implantación dun “sistema xudicial elitista”.
13/12/2012 A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, manterá unha xuntanza cos afectados/as este venres no Concello, onde continúan co peche reivindicativo
Os mariñeiros/as da flota cefalopodeira galega que faenaba no caladoiro mauritano decidiron hoxe en asemblea substituír a manifestación prevista para este venres por un acto na Praza de Abastos de Marín ante a previsión de temporal. Os afectados/as reciben pola mañá a visita de eurodiputada do BNG, Ana Miranda, que se desprazará até o Concello, onde manteñen un peche para esixir o cobro das axudas pactadas.
11/12/2012 A marcha convocada pola CIG sairá ás 11.30 horas da Praza da Ferrería e rematará na Subdelegación do Goberno español
Pontevedra acollerá, o vindeiro sábado día 15 de decembro, una manifestación convocada pola CIG para denunciar a represión sindical coa que se busca criminalizar a resposta ás políticas do PP;  a reforma do Código Penal que prepara o Goberno de Mariano Rajoy, que pretende tipificar como delitos accións que antes non tiñan esa consideración; e a lei de taxas xudiciais que dificulta o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. A manifestación sairá ás 11.30 horas da Praza da Ferrería e rematará diante da Subdelegación do Goberno español.
5/12/2012 A central nacionalista lembra que o acordo laboral vixente non decae até xullo, polo que se podería seguir a negociar un acordo mellor
A CIG negouse hoxe a asinar o convenio provincial do Metal de Pontevedra pactado entre CCOO e UGT e a empresa ao entender que non garante que as actualizacións salariais se fagan con respecto ao IPC, ademais de incrementar a flexibilidade. Na central nacionalista consideran unha “escusa” o argumento esgrimido polos sindicatos españois para ratificar o texto e lembran que o actual convenio non decaería até o vindeiro 8 de xullo, polo que aínda habería tempo para seguir a negociar.
4/12/2012 A CIG decidiu suspender a folga de fame pero mantén a manifestación prevista para o vindeiro 15 de decembro contra a represión sindical
A Audiencia Provincial de Pontevedra comunicou hoxe a absolución dos tres sindicalistas condenados a tres anos e un día de prisión polo Xulgado do Penal número 1 por participar nun piquete na folga do comercio de alimentación en 2009. A CIG decidiu suspender a folga de fame iniciada pasado venres 23 de novembro tras coñecer a decisión xudicial, pero mantén a convocatoria de manifestación para o sábado 15 de decembro en Pontevedra contra a represión sindical.
1/12/2012 O actor galego Luis Tosar achegouse até a caravana instalada diante da Audiencia Provincial para solidarizarse cos sindicalistas condenados a prisión
A quinta quenda tomou este mediodía o relevo unha semana despois do inicio da folga de fame contra a represión sindical. Sefi Romero de Vigo e Lucía Freire de Compostela permanecerán sen comer até o luns ás 12.00 horas. Por outra banda, o actor galego Luis Tosar visitou hoxe a caravana instalada fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra para solidarizarse cos sindicalistas condenados a prisión.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com