marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
privatización
25/2/2010 O 25 de marzo xa está prevista unha nova manifestación, na que se fará un especial chamamento á cidadania
20100224chuvi
Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.
11/2/2010 A central tiña intención de convocar unha concentración con motivo do Consello de Ministros en A Coruña, que foi denegada pola Subdelegación
Carteiro de correos de reparto
Con motivo do Consello de Ministros europeo que se vai celebrar na cidade de A Coruña, a CIG-Correos tiña intención de levar a cabo unha mobilización nacional para denunciar a actual situación do ente, derivada das directivas da UE que obrigan aos estados membros a liberalizar o mercado postal. Non obstante, a Subdelegación denegou o dereito á concentración, alegando que estaba na zona de seguridade. Dende a CIG-Correos denuncian que no proceso privatizador, o Goberno abandonou a defensa de Correos como un servizo público, sen preocuparse da calidade do servizo nin de prepara á entidade para a competencia.
5/2/2010 Despregaron pancartas no interior e no exterior do Pazo de Congresos de Compostela
10-02-05 Concentración Consorcio
Delegadas e delegados da CIG e traballadoras/es do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar levaron a cabo unha protesta na mañá deste venres no interior e no exterior do Pazo de Congresos de Compostela, onde tiña lugar a reunión da Asemblea Xeral deste organismo. Con esta nova mobilización quérese denunciar a privatización duns servizos públicos esenciais e a precariedade laboral que padece o conxunto do persoal do Consorcio.
4/2/2010 A CIG de Pontevedra xa aprobara no seu V Congreso unha resolución neste sentido e CCOO prefire quedar á marxe
V Congreso Comarcal CIG-POntevedra 3
O pasado luns día 1 de febreiro constituíase a Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra da que forman parte asociacións de veciños, organizacións sindicais, políticas, concellos e a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Só CCOO decidiu quedar á marxe. A plataforma fará a súa presentación pública no café Moderno o próximo día 11 de febreiro.
29/1/2010 A marcha, convocada por CIG, UGT e CCOO, rematou diante da Deputación provincial logo dunha carga da policía
10-01-29 Manifestación Bombeiros
Arredor de mil persoas, entre bombeiros chegados de toda Galiza e delegados/as sindicais, participaron na manifestación convocada este venres en A Coruña, en contra da privatización dos servizos de emerxencia. A protesta, que transcorreu entre os ruídos das sirenas e os petardos, rematou diante do edificio da Deputación provincial, onde se produciu unha carga policial na que varios bombeiros resultaron feridos feridos, e onde tampouco foron recibidos os representantes dos traballadores/as polo presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.
28/1/2010 Denuncian a precaria situación na que se atopa a empresa, con menos de 200 traballadores, e os despedimentos
10-01-28 SEAGA 1
Os comités provinciais de SEAGA realizaron esta mañá en Compostela, unha acción de protesta simbólica para denunciar a precaria situación na que se atopa a empresa pública, que na actualidade só conta, no seu cadro de persoal con 200 traballadores  e traballadoras para realizar labores que o ano pasado, a esta alturas,  desenvolvían preto de 1.200. O acto consistiu no peche da Porta Santa –pola que non se puido acceder durante unha hora- e o despregue dunha faixa como chamada de atención pola total pasividade da Xunta de Galiza, que se nega a explicar aos traballadores o rumbo que vai tomar a empresa.