27/10/2011
A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte a CIG, convocou protestas en defensa dun sistema que garanta a universalidade e gratuidade dos servizos sanitarios
Miles de persoas participaron este xoves nas mobilizacións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública nas distintas áreas sanitarias para amosar o seu rexeitamento á política de recortes aplicada pola Xunta de Galiza nos servizos sanitarios públicos. Coas concentracións, manifestacións e actos realizados esta tarde quérense denunciar os recortes nos orzamentos destinados á sanidade pública, “cun financiamento cada vez máis miserento e que vai camiño da indixencia, como paso previo á súa privatización”.
27/4/2011
CIG-Saúde denuncia este novo ataque á sanidade pública, que afonda no progresivo desmantelamento que dende hai dous anos padece o hospital da Coruña
CIG-Saúde denuncia unha nova redución de persoal no Hospital da Coruña, nesta ocasión tres enfermeiras (como mínimo unha da quenda de noite) do Servizo de Dixestivo/Transplante Hepático. A CIG-Saúde alerta do risco elevado para a seguridade dos/as doentes/as que supón esta decisión, tendo en conta o tipo de pacientes e as tarefas e supervisión que precisan. Unha redución de servizo, advirten, que pode ter consecuencias vitais. Esta é unha nova agresión ao sistema sanitario público “que nin os/as profesionais nin a cidadanía podemos tolerar”.
18/4/2011
Destaca a importancia deste proceso nun momento de grave recorte de dereitos laborais e ataques á sanidade pública
A CIG-Saúde da Coruña deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa a candidatura e o programa que vai presentar ás eleccións sindicais na área sanitaria, que se celebrarán o vindeiro 5 de maio. Eleccións que, lembraron, se realizan nun momento de grave recesión dos dereitos da clase traballadora e diante da progresiva aplicación de políticas de privatización da sanidade pública, que merman a capacidade asistencial e ameazan a viabilidade e supervivencia do sistema sanitario.
7/2/2011
A CIG-Saúde, diante da visita da conselleira ás instalacións do Lucus-Augusti, demanda máis persoal e medios humanos
Coincidindo coa visita rápida da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, a CIG-Saúde volveu denunciar esta fin de semana a ausencia de cumprimento dos compromisos que o goberno galego acadara para a dotación material e persoal das instalacións do novo hospital de Lugo, Lucus Augusti.
18/1/2011
Demanda un xiro radical da política de precarización e desmantelamento do sistema sanitario público que está a levar a cabo a Xunta
A CIG-Saúde volveu denunciar hoxe a situación de colapso total que se está a vivir no Servizo de Urxencias e, por extensión, en todo o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. A semana pasada, a Federación de Saúde da CIG xa alertaba de que a situación ía empeorar, mentres que os responsábeis do Complexo continúan a ser incapaces “de dar unha solución máis alá de parches temporais”.
29/12/2010
A plataforma desenvolveu unha protesta no marco da reunión do Consello Galego de Saúde
Membros de todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública concentráronse, este martes, diante do edificio onde a Consellaría de Sanidade tiña convocado o Consello Galego de Saúde para denunciar a privatización sanitaria que pretende o goberno galego e declararse “en rebeldía” fronte ás políticas da Xunta. Ao mesmo tempo, representantes das organizacións adheridas a SOS-Sanidade Pública, ao pouco de comezar o Consello, deron lectura a un manifesto en defensa do sistema sanitario público, tras do que abandonaron a reunión.
9/12/2010
Todos os xoves o persoal está chamado a mobilizarse diante do hospital de A Coruña e o Abente y Lago
Traballadoras e traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña desenvolveron esta mañá unha nova concentración diante do CHUAC e do hospital Abente y Lago para denunciar o deterioro “continuo e progresivo da capacidade e calidade asistencial dos hospitais do Complexo”.