15/3/2012
Mantiveron un encontro co alcalde da cidade, ao que pediron que condene as políticas de recortes aprobadas polos Gobernos galego e español
Arredor duns 50 delegados e delegadas da CIG de Ferrol iniciaron este mediodía un peche na Casa do Concello en protesta polas medidas contra a clase traballadora aplicadas polos gobernos galego e español –nomeadamente á lesiva reforma laboral-, así como demandar actuacións e medidas urxentes de carácter socioeconómico para reactivar os sectores produtivos da comarca e garantir uns servizos públicos gratuítos e de calidade.
8/2/2012
Quere frear o proceso de privatizacións e recortes emprendidos polo goberno do PP
A
Plataforma SOS Sanidade Pública vén de anunciar o inicio da recollida de
sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de
Galiza e frear a política de “recortes e privatizacións” do PP. A Plataforma,
que terá que xuntar un mínimo de 15.000 sinaturas, quere preservar a xestión pública
directa dos centros sanitarios, potenciar a Atención Primaria, a promoción da
saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a
planificación e a xestión dos recursos.
17/1/2012
No DOG deste mércores, 17 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra
A CIG-Ensino denunciou este mércores que a Xunta de Galiza vén de
iniciar o proceso de privatización das novas escolas de educación
infantil “Galiña Azul”, logo de publicar no DOG a licitación do centro
de Monteporreiro (Pontevedra), desde a data de apertura, 1 de marzo de
2012, até o 31 de agosto de 2014. En outubro do pasado ano a Federación
da CIG xa alertara publicamente de que o Goberno galego tiña a
pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova
apertura.
16/12/2011
O mércores 21 de decembro, ás 11:30 horas, diante do Parlamento de Galiza
As
federacións da área pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) veñen de
anunciar a convocatoria dunha concentración de delegados/as ante o Parlamento
de Galiza o vindeiro mércores día 21 de decembro, ás 11:30 horas, para
manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos restritivos, que consolidan os
recortes de servizos públicos e que afondan na rebaixa das retribucións dos/as
traballadores/as do sector público.
16/11/2011
A Federación lembra ao Goberno galego que a calidade e sustentabilidade da sanidade pública non pasa pola privatización nin o aumento dos concertos
CIG-Saúde de Ferrol acaba de denunciar a diminución do cadro de persoal da Área Sanitaria, xa que administración non está a cubrir postos estruturais, mais pola contra está a incrementar o número de contratacións de xornada parcial en vez de cubrir os servizos a tempo completo. Isto supón, matizan, unha precarización das condicións laborais e unha diminución da calidade na prestación dos servizos sanitarios.
14/11/2011
O traballo, que analiza as consecuencias da privatización sobre a economía galega, contén entrevistas a Clodomiro Montero, Xavier Vence e Carlos Aymerich
A Fesga-Fundación Moncho Reboiras presenta unha reportaxe de 12 minutos de duración na que se abordan as consecuencias da privatización das caixas galegas sobre a economía do noso país. Conta coas entrevistas a Xavier Vence (catedrático de Economía Aplicada na USC), Clodomiro Montero (secretario nacional da CIG-Banca e Aforro) e máis a Carlos Aymerich (portavoz do BNG no Parlamento galego).
27/4/2011
Alerta de que tras das declaracións de Núñez Feijóo e de Mato agóchase a intención de privatizar os servizos sociais públicos e exixe a súa rectificación
A CIG-Administración vén de alertar da intención
da Xunta de Galiza de privatizar servizos sociais públicos e de xustificar esa
decisión desacreditando o traballo que desenvolven os empregados e empregadas públicos/as.
Denuncia ademais que a administración autolimita a súa capacidade de contar con
persoal propio fixando unha taxa de reposición de efectivos do 10%, “auto-prohibíndose
a través da lei de Orzamentos a posibilidade de contratar persoal interino ou
temporal”.