Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As ajudas massivas dos bancos centrais aos grandes bancos privados
29/08/2014Éric Toussaint
A partir de 2007, os governos e os bancos centrais dos países ocidentais mais industrializados, mergulhados na maior crise económica desde os anos...
Ucrânia: derrota e perspectiva
29/08/2014Jacques Sapir
A insurreição não será esmagada militarmente. Deste ponto de vista, a insurreição venceu. Kiev não dispõe mais de reservas suficientes para...
A fúria do Imperador: o caos tomará o mundo!
29/08/2014James Petras
Reina o caos em África, no Médio Oriente, na América Central e em Detroit. Toda a fronteira dos EUA com o México se tornou um centro militar de ...
Sete argumentos contra a Renda Básica Universal e a favor do Traballo Garantido
28/08/2014Eduardo Garzón Espinosa
Moito mellor que outorgarlle un ingreso fixo a todos os cidadáns é outorgarlle o dereito a traballar se así o desexan (se non o desexan ou non po...
A épidemia de ébola: Unha mostra máis da crise sistémica do capital
28/08/2014África Pineda
A epidemia de Ébola é unha mostra máis desta grave crise mundial do sistema capitalista que quere -e non pode- saír da lameira para seguir co co...
O novo futuro de Palestina
26/08/2014Txente Rekondo
Ofensiva global NATO
26/08/2014Manlio Dinucci
Ébola, o novo negocio das farmacéuticas
22/08/2014Marcos Roitman Rosenmann
Queremos Galego
30/4/2010 Co lema “O galego, o noso existir”, a plataforma cidadá confía nunha mobilización histórica contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua
A Plataforma Cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de prensa a campaña gráfica coa que chamará a toda a sociedade galega a unha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. “O Galego, o noso existir” é o lema escollido para unha mobilización “que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións”, asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos portavoces de Queremos Galego, Carlos Callón.
14/4/2010 A delegación da plataforma cidadá entrevistouse con representantes do Gabinete da Comisaria de Educación, Cultura e Multilingüismo e celebrou un acto informativo coa comunidade galega de Bruxelas
Este mércores conclúe a visita de dous días que unha delegación de Queremos Galego efectúa a Bruxelas para denunciar e informar diante de diferentes instancias da UE, a UNESCO, o Consello e o Parlamento europeo, sobre as políticas activas de “desmantelamento” da lingua galega por parte do actual executivo de Alberto Núñez Feijóo. A viaxe pretende tamén evidenciar como as medidas iniciadas pola Xunta “agreden frontalmente” a lexislación vixente en materia de normalización da lingua propia, incluíndo tratados internacionais de obrigado cumprimento para o Estado español como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) ou compromisos como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos, asumida como propia pola UNESCO.
12/4/2010 Están previstos encontros con distintas instancias: o Parlamento, o Consello e a UNESCO
Representantes da Plataforma cidadá Queremos Galego compareceron en rolda de prensa para dar conta da visita de dous días a Bruxelas que unha súa delegación iniciará este martes 13 de abril para se entrevistar con diferentes instancias do ámbito da UE e do Parlamento europeo, o Consello de Europa e máis a UNESCO e dar a coñecer no ámbito internacional as “políticas activas de desmantelamento e agresión frontal contra a normalización da lingua galega” impulsadas polo goberno da Xunta de Galiza desde a volta ao poder do Partido Popular.
9/4/2010 Denuncian o seu autoritarismo, prepotencia, manipulación e falsidade
A CIG-Ensino reafirma a urxencia e a necesidade de que o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, dimitan das súas responsabilidades pola súa actitude permanente en contra do galego á que se lle suma agora a manipulación, mentira e falsidade, chegando converter a páxina institucional da Consellaría de Educación non voceiro ideolóxico do Partido Popular.
9/4/2010 Organizado pola plataforma cidadá Queremos Galego
A Plataforma cidadá Queremos Galego organiza para o vindeiro sábado 17 de abril un macrofestival musical en favor da lingua e contra os retrocesos que o actual goberno da Xunta está a impulsar en materia lingüística e cultural. Co nome “Música contra o decretazo”, terá lugar na cidade de Pontevedra, no Recinto feiral, a partir das 19.30 do serán.
7/4/2010 Unha mostra máis de que o PP, a Xunta e a Consellaría continúan sós na súa cruzada contra o galego
O pleno do Consello Escolar de Galiza, máximo órgano de participación da comunidade escolar, rexeitou o decreto contra o galego que se someteu onte a ditame e acordou pedir a súa retirada e, polo tanto, devolvelo á consellaría. O Proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza recibiu 24 votos en contra e só 16 a favor de mantelo. Cómpre salientar que deste 16, 6 eran de representantes da propia consellaría, 2 eran alcaldes do PP, 2 da Confederación de Empresarios, 2 titulares de centros privados e concertados, 2 de representantes de recoñecido prestixio nomeados directamente pola consellaría e 2 da CONGAPA (Pais e Nais de Ensino Privado e Concertado).
7/4/2010 Na Mesa sectorial negouse a aceptar ningunha das propostas presentadas en relación coa nosa lingua
A CIG-Ensino vén de denunciar que na Mesa Sectorial celebrada o martes 6 de abril a consellaría de Educación intensificou a súa actitude contraria ao noso idioma. Entre os temas a tratar estaban os artigos relacionados coa regulamentación dos Equipos de Normalización Lingüística nas Escolas Oficiais de Idiomas e nos Conservatorios de Música e Danza. A CIG-Ensino afirma que Educación non aceptou ningunha proposta e mesmo manifestou a súa negativa a falar do tema.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com