Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
readmisión
30/3/2010 A CIG de Ourense denuncia que unha empresa con capital público vulnere a lexislación laboral e ignore as sentenzas xudiciais
A CIG de Ourense vén de denunciar que a empresa pública Seaga, que depende da Consellería de Medio Rural, procedeu nestes días a cumprir a sentencia do Xulgado do Social que a condenaba a readmitir a varios representantes sindicais da central, pero incumpre a mesma ao non facer efectivos os salarios de varios meses que lle corresponde aboar polo tempo en que o persoal estivo despedido á espera da celebración de xuízo.
22/3/2010 Despois de mobilizarse desde febreiro
As 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia (Vigo) que foran despedidas reincorporáronse o 22 de marzo aos seus postos logo de que a multinacional francesa recapacitase e optase por cambiar de contrata do servizo e esta aceptase subrogar as empregadas. CIG-Servizos felicítase por este desenlace satisfactorio ao conseguírense a readmisión das compañeiras e o cumprimento do convenio.
16/2/2010 A Deputación comprométese a mediar diante da empresa para a resolución do conflito
Máis de cincuenta bombeiros de distintas zonas do país volveron mobilizarse o luns 15 de febreiro na Deputación de Pontevedra, nesta mesma cidade, para exixir a readmisión de Pablo Álvarez, traballador despedido do parque comarcal do Morrazo pola empresa Celta Prix, no que o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra ditaminou que era un despedimento improcedente.
22/12/2009 O documento implica que os traballadores despedidos non serán readmitidos e suporá o remate das accións reivindicativas
A CIG e os membros do Comité desta central rexeitaron o acordo asinado esta mañá por UGT, os representantes de Termavi e a Autoridade Portuaria, que suporá a fin da folga e das medidas reivindicativas levadas a cabo polo persoal da empresa ao longo dos últimos días. O acordo implica que ningún dos despedidos será readmitido, non achega garantes para a suposta recolocación dos afectados e bota por terra a dura loita que realizou o conxunto do persoal estes días.
10/9/2009 Xa hai data para o xuízo polo despedimento: 29 de outubro
O xoves 10 de setembro ás 15 da tarde tiña lugar unha nova concentración de apoio e solidariedade coa compañeira Consuelo Martínez, delegada da CIG no Comité de Empresa de Povisa e portavoz do Comité de folga durante a mobilización pola negociación do convenio colectivo deste centro hospitalario privado, que foi despedida en pleno período vacacional, nun claro caso de represión sindical. Xa hai data para o xuízo, que será o 29 de outubro, polo que neste mes de setembro se continuarán coas mobilizacións e asembleas os xoves ás tres da tarde diante do hospital.
21/8/2009 Traballadoras e traballadores do hospital, compañeiros e compañeiras da CIG arrouparon á auxiliar de enfermeria
Traballadoras e traballadores do Hospital Povisa de Vigo e compañeiros e compañeiras das distintas federacións da CIG da comarca de Vigo concentráronse o xoves 20 de agosto desde as tres da tarde e até as tres e media diante deste centro sanitario para protestar contra o despedimento e reclamar a readmisión da auxiliar de enfermeria Consuelo Martínez, delegada da CIG, a membro do comité de empresa e quen exerceu de portavoz do comité de folga no paro mantido polo persoal no mes de maio. Mobilizáronse deste xeito contra a represión sindical e pola liberdade neste centro de traballo.
19/8/2009 Estes fallos xudiciais evidencian as práticas irregulares na contratación
O Xulgado do Social número 2 de Ourense vén de declarar improcedentes os despedimentos de dous traballadores da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, SEAGA. As sentenzas obrigan a sociedade a readmitir ou indemnizar estes empregados.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com