18/8/2009
A delegada da CIG e portavoz do Comité de folga, protagonista dun novo caso claro de represión sindical en Vigo
O xoves 20 de agosto terá lugar unha nova mobilización diante do hospital Povisa, ás tres da tarde, para reclamar a readmisión da compañeira da CIG, Consuelo Martínez, enfermeira desta centro médico e que é membra do Comité de Empresa, delegada da CIG e que durante a folga pola negociación do convenio foi portavoz do Comité de folga. O seu despedimento é un claro caso de represión sindical, cunha vontade exemplarizante para rematar co movemento sindical neste centro de traballo.
8/5/2009
Colapsaron a peaxe da AP-9 ao pagar con moedas de céntimos
Os traballadores e traballadoras de Valoriza Conservación de Infraestructuras, filial de Sacyr que se encarga do mantemento da AP-9 e a A-57, decidiron volver ás mobilizacións contra o despedimento de doce traballadores nesta empresa, e o xoves 7 de maio levaron as súas protestas ao lugar no que traballan, a peaxe de Rande, onde pagaron con moedas de céntimos, colapsando esta vía. O venres retomarán estas accións.
25/3/2009
A CIG realiza unha avaliación moi positiva da sentenza
A finais do pasado mes de febreiro dabase a coñecer a sentenza pola que se lle recoñece a Miguel Vázquez, traballador de Ahitosa e afiliado da CIG, o seu despedimento como nulo, polo que foi readmitido no seu posto de traballo. A CIG Metal de Ourense realiza unha avaliación moi positiva desta sentenza, na que mesmo se recoñece que as testemuñas que presentou a empresa carecían de fiabilidade.
22/12/2008
A multinacional trasladouna a Madrid e logo a despediu para evitar a súa participación nas eleccións sindicais
Traballadoras e traballadores dun
estabelecemento Carrefour en Lugo iniciaron un calendario de mobilizacións para
reclamar a readmisión dunha empregada despedida pola multinacional, co
obxectivo de evitar a libre participación da traballadora nas últimas eleccións
sindicais.
19/11/2008
CIG-Construción felicítase por esta vitoria sindical
Ingemarga readmitiu os 30 obreiros que despedira en febreiro na súa factoría de Guitiriz. A CIG-Construción de Lugo entende que se trata dunha vitoria sindical que demostra que, desde a razón e a constancia, a loita decidida dos traballadores contra os abusos patronais acaba dando os seus froitos.
7/11/2008
Esta empresa da pedra botara 30 operarios na súa planta de Guitiriz
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarou improcedentes os 30 despedimentos de operarios da planta de Ingemarga en Guitiriz que foran botados pola empresa por negárense a traballar as fins de semana. O fallo xudicial ordena Ingemarga a readmitilos nos seus postos co conseguinte abono dos salarios de tramitación. De non aceptar esta opción, a empresa tería que indemnizalos e desembolsar preto dun millón de euros.
23/10/2008
A empresa Dapor, SL, que ten a xestión das carnicerías é a responsábel do despedimento
No centro de traballo que Hiperxel ten en Área Central de Santiago, foi despedida unha traballadora da carnicería que xunto con outras compañeiras viña reivindicando unha serie de melloras laborais. As carnicerías de Hiperxel están subcontratadas á empresa DAPOR, SL que é a responsábel das condicións de traballo e de cumprir co convenio colectivo das súas traballadoras e traballadores.