marco
Artigos de opinión
Folga Xeral
12/03/2010Francisco Miranda Vigo
Despois da celebración deste 10 de Marzo, que a CIG convocou baixo o lema “O emprego e os salarios deféndense loitando” e que mobiliz...
Estado español: Pensións, demasiado xenerosas?
12/03/2010Vicenç Navarro
O gasto en pensións públicas de xubilación por ancián no Estado español é dos máis baixos da UE-15; só 9.227 unidades de poder de compra, ...
Bate que bate na lingua
12/03/2010Rafa Villar
Con máis ruído que finalmente noces, o Parlamento galego aprobaba, por unanimidade das tres forzas presentes no Parlamento galego, un 22 de sete...
O euro e o Fondo Monetario Europeo
12/03/2010Alejandro Nadal
De se crear, o Fondo Monetario Europeo (FME) aplicaría as mesmas receitas desastrosas que utilizou o Fondo Monetario Internacional no contexto da...
Entrevista a Samir Amin: «A iniciativa aínda está en mans do capital»
11/03/2010Giuliano Battiston
Este sistema é inaceptábel e ineficaz, como demostra o recente nacemento dun planeta de barrios marxinais, os campesiños expulsados das terras ...
Os EUA estão doentes
11/03/2010Boaventura de Sousa Santos
O dez de marzo na lembranza
09/03/2010Manuel Mera
O Chile nas mãos de Piñera
09/03/2010Antonio Lassance
reforma laboral
10/3/2010 “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”
20100310vigo
A Confederación Intersindical Galega celebrou o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, con manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións, ameazados hoxe como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais que se están a promover desde os gobernos. Arredor de 20.000 persoas manifestáronse coa CIG, nas sete cidades, baixo o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando".
5/3/2010 Realizan un chamamento á mobilización das traballadoras e traballadores da comarca
20100305rolda
O 5 de marzo tivo lugar unha rolda de prensa convocada para presentar a campaña do 10 de marzo, en defensa das pensións e para a posta en andamento de políticas alternativas fronte a crise, e contra a reforma laboral e o aumento da idade da xubilación, e a manifestación do 10 de marzo, Dia da Clase Obreira, que percorrerá Vigo nesa data ás 20 da tarde. Participaron o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, e unha representación da Executiva Comarcal.
3/3/2010 Novo acto de protesta contra as reformas laborais do goberno do Estado, cara unha grande mobilización comarcal en Pontevedra o 10 de marzo
20100303vilagarcia
Ás dez e media da mañá daba comezo a asemblea de delegadas e delegados da comarca de Pontevedra da CIG, que nesta ocasión tivo lugar no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa. Analizouse neste encontro as pretensións do goberno estatal de reducir os dereitos da clase traballadora e que sexan as traballadoras e traballadores quen continúen a pagar a crise coa reforma laboral, o aumento da idade da xubilación ou o recorte das pensións. Ás doce saiu deste auditorio unha manifestación que percorreu o centro de Vilagarcía até achegarse á oficina da Seguridade Social.
1/3/2010 Coa protesta quérese denunciar a situación socioeconómica da comarca e as reformas propostas polo goberno
10-03-01 Peche Inem Ferrol I
Delegados e delegadas da CIG mantiveron esta mañá un peche na oficina do Servizo Público de Emprego de Ferrol e da delegación territorial da Xunta para denunciar a situación socioeconómica da comarca de Ferrolterra, a proposta de reforma laboral e das pensións anunciadas polo Goberno, así como a actitude mantida por CCOO e UGT diante desta situación, actuando como cómplices das tentativas de recortar os dereitos da clase obreira e apoiando a perda do poder adquisitivo dos salarios.
26/2/2010 Infórmase das mobilizacións convocadas en todas as comarcas con motivo do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Boletín sindical, nº 14
A CIG vén de editar un novo boletín, dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical respecto das medidas que se están a barallar polo goberno para afrontar a crise económica e para presentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando!
23/2/2010 Denuncian os ERE's e concursos de acredores, moi numerosos no Salnés neste último ano
20100223tupi
O martes 23 de febreiro ás 12 da mañá tiña lugar unha rolda de prensa no local da CIG, na Unión Local do Salnés en Vilagarcía. Nesta comparecencia diante dos medios de comunicación, Xoan Xosé Bouzas, secretario desta localidade, presentou a campaña confederal contra os recortes laborais, asi como as propostas da central sindical nacionalista e alternativas fronte a crise. Ademais anunciou a celebración dunha asemblea de delegados/as o próximo 3 de marzo, que rematará ás 12, hora na que terá lugar unha manifestación en Vilagarcia para denunciar as pretensións dos gobernos de reducir os dereitos da clase traballadora e que sexan as traballadoras e traballadores quen continúen a pagar a crise.