1/9/2010
En folga indefinida desde o 16 de agosto en demanda do pagamento das cantidades que lles adebeda a empresa e en protesta polo despedimento do delegado da CIG
Na mañá deste mércores 1 de setembro, traballadores e delegados da CIG concentrábanse diante da nave que a empresa Transportes M. Cabo ten en Lestedo en demanda do pagamento das cantidades que se lles adebedan e en protesta polo despedimento do delegado de persoal da CIG. Os traballadores desta empresa de transportes levan en folga desde o 16 de agosto.
10/5/2010
Participaron traballadores e representantes das centrais sindicais que conforman o comité
Traballadores, membros do comité de empresa e representantes sindicais da CIG, CCOO e UGT participaron nunha nova acción de protesta na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza por mor dos despedimentos improcedentes e a represión sindical que padecen as/os traballadoras/es. Malia intentar manifestar as súas denuncias no principal centro de traballo, onde se atopa o despacho da xerente, Covadonga Toca, a porta de entrada atopábase, casualmente, pechada.