3/5/2013
A Plataforma subliña que nestes momentos está recoñecida unha lista de agarda pola Consellaría de 8.143 persoas
A Plataforma SOS Sanidade Pública vén de denunciar, fronte as afirmacións da conselleira de sanidade, o incremento significativo da lista de espera cirúrxica da Coruña. Así, apuntan, neste momento hai, en datos recoñecidos pola propia Consellaría de Sanidade, 8.143 persoas en espera de cirurxía: 4.512 que esperan de 0 a 3 meses, 3.226 de 3 a 6 meses, 403 máis de 6 meses e 2 máis de 12 meses.
9/4/2013
Solicitan unha reunión urxente co novo Xerente de Atención Integrada para abordar o desmantelamento progresivo deste servizo
A Xunta de Persoal da Xerencia de Atención Integrada da Coruña vén de reclamar a cobertura inmediata da praza de xinecoloxía do COF do Ventorrillo, xa que logo de transcorridos tres meses o Sergas continúa sen atender as demandas do persoal sanitario e a cidadanía a este respecto. O Centro de Orientación Familiar permanece sen xinecólogo/a, logo de que o especialista que atendía o servizo se xubilase e o Sergas decidise non cubrir a praza e remitir as usuarias/os á o COF de Orillamar. Medida que suscitou a convocatoria de varias mobilizacións.
8/4/2013
O órgano de representación esixe un decreto de área propio que garanta a continuidade e a mellora das prestacións sanitarias da Mariña
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña expresou o seu enérxico rexeitamento ao nacemento do Decreto de Área Sanitaria da provincia de Lugo publicado polo Goberno de Alberto Núñez Feijoo, e “que sentencia a morte á Sanidade da cidadanía da Mariña”. Unha decisión política que, advirten, centralizará as especialidades en Lugo, provocará o peche de servizos do Hospital da Costa e a destrución de emprego sanitario, "desmantelando pouco a pouco a carteira de servizos e obrigando a cidadanía a desprazarse a 100km para acudir ao/á médico/a especialista e para todas aquelas intervencións cirúrxicas non urxentes".
2/4/2013
A CIG-Saúde de Compostela denuncia o deterioro da asistencia na área sanitaria
A CIG-Saúde da Área de
Compostela denuncia a xestión da
Xerencia Integrada de
Santiago e a política sanitaria da
Consellería de Sanidade, que facendo uso do seu plan de austeridade non están a
cubrir con substitutos as prazas de médicos que están de baixa por Incapacidade
Temporal. Aseguran que a diminución de persoal nos servizos afectados está a provocar
unha merma da calidade asistencial, xa que as/os doentes correspondentes a estas/es
facultativos téñenos que asumir o resto, incrementando o volume de
pacientes nun 200% en casos como psiquiatría.
Denuncian que hai doentes que teñen que ser atendidos/as mesmo por médicos en
período de formación.
18/3/2013
O persoal do Hospital da Costa realizou este luns unha concentración en demanda dun decreto de xestión propio
Miles de persoas manifestáronse este sábado en Monforte en defensa da autonomía e a capacidade de xestión do Hospital Comarcal, xa que a aprobación do Decreto de xestión integrada de ámbito provincial, suporá que os hospitais de Monforte e Burela pasarán a depender da área sanitaria de Lugo, afondando así no desmantelamento destes centros hospitalarios, na perda de servizos e no deterioro da atención prestada á cidadanía destas zonas.
7/3/2013
A central sindical considera que non poden estar nun mesmo plano a sanidade pública e a privada
Esta mañá celebrouse, na sede da CIG en
Compostela, unha xuntanza entre representantes da Asociación de Hospitais
Privados de Galiza (Ahospgal), nomeadamente o seu presidente, Justo Jorge López e o seu
secretario, Manuel López-Pardo e en representación da central sindical o secretario xeral, Suso
Seixo, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
19/2/2013
Secretaria Nacional de CIG-Saúde
O persoal do SERGAS
desenvolveu nas últimas semanas unha campaña de mobilizacións para denunciar
que os recortes previstos nos Orzamentos da Xunta para 2013 provocarán a
deterioración da sanidade pública galega e das condicións laborais e salariais
do seu persoal. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, advirte de
que con estas medidas non se trata de paliar a crise, senón de aplicar a folla
de ruta que o Partido Popular puxo en marcha desde a súa chegada ao goberno da
Xunta e que persegue, tal e como explica nesta entrevista, a súa privatización.