19/4/2010
Cando a cabeceira da manifestación chegou ao edificio da Xunta a cola estaba no cruce da avenida de Vigo coa rúa Germán Adrio
"Estamos afeitos a mollarnos. Mollámomos co Nunca Máis, polo galego e agora tócanos mollarnos contra á privatización da sanidade". Foron as primeiras palabras do médico pontevedrés Fernando Filgueira coas que comezou a lectura do manifesto reivindicativo que o venres 16 de abril puxo punto e final á manifestación convocada pola Plataforma contra á privatización e polo hospital único de Pontevedra.
Unha cita masiva que non conseguiu deslucir a forte chuvieira que caeu no mesmo momento no que arrincaba a marcha na praza da Ferrería.
12/4/2010
A Plataforma, da que forma parte a CIG, denuncia o "grave deterioro" ao que o goberno do PP está sometendo á sanidade e a falla de compromiso coa comarca
Milleiros persoas secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, en contra da privatización da sanidade. A marcha, enmarcada no amplo calendario de mobilizacións que se están a desenvolver por todo o País contra a política privatizadora do goberno do PP, saíu ás doce do mediodía dende a Praza de España e rematou hora e media despois na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma.
9/4/2010
Convoca a Plataforma contra a privatización, baixo o lema “Polo Hospital único de Pontevedra”
A Plataforma contra a Privatización, na que está integrada a CIG, fai un chamamento a participar na manifestación convocada para o próximo día 16 de abril, ás 20:00 horas en Pontevedra, convocada baixo o lema “Polo Hospital único en Pontevedra” e contra a construción dun privado en Monte Carrasco.
A plataforma explica que a Xunta di que non ten diñeiro para ampliar
Montecelo, pero “regala” a un consorcio de bancos e aseguradoras a
xestión dun novo hospital por 20 anos. “Un negocio para eles, que
custará a todos e todas 6 veces máis”.
9/4/2010
Con saída ás 12 horas dende o Ambulatorio Fontenla Maristany
Este domingo 11 de abril continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública, desta volta en Ferrol. A Plataforma para a defensa da sanidade da área ferrolá ten convocada unha manifestación, con saída ás 12:00 horas dende o Ambulatorio Maristany, en contra das medidas privatizadoras que o goberno galego está a pór en marcha e na defensa dos postos de traballo.
31/3/2010
Os días 7 e 11 de abril, ás 20:30 horas dende o CHOP e ás 12 horas dende Ambulatorio Fontenla Maristany, respectivamente
A semana próxima as mobilizacións en defensa da sanidade pública galega van continuar nas cidades de Pontevedra e Ferrol. Organizacións sindicais e a Plataforma para a defensa da sanidade da área ferrolá teñen convocadas cadansúa manifestación os días 7 e 11 de abril, respectivamente, en contra das medidas privatizadoras que o goberno galego está a pór en marcha e na defensa dos postos de traballo. A manifestación de Pontevedra sairá dende o CHOP ás 20:30 horas, mentres que a de Ferrol farao dende o Ambulatorio Fontenla Maristany, ás doce do mediodía do domingo.
31/3/2010
Denuncia que se trata dunha medida que pon en grave risco a calidade asistencial para doentes crónicos e anciáns
Diante da publicación, en diversos medios de comunicación, da decisión da Xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense de pechar 80 camas do Hospital de Piñor, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ourense vén de manifestar a súa oposición polo grave risco para a calidade asistencial que supón fundamentalmente para doentes crónicos e anciáns. A plataforma denuncia que se trata dunha medida que responde unicamente ao criterio do “aforro polo aforro” e alertan de que non están claras as garantías de reversibilidade da medida.
25/3/2010
Contra a privatización e na defensa da sanidade pública
Comezou a folga na sanidade cunha alta participación do persoal neste 25 de marzo, na que está convocada unha folga de 24 horas na Área Sanitaria de Vigo, tanto en Atención Primaria como en Atención Hospitalaria así como en Galaria para protestar pola privatización do novo hospital de Vigo. A primeira hora da mañá os piquetes informativos estiveron informando e visitando os servizos para comprobar as incidencias.
Ademais desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, e desde a federación de Saúde da CIG realízase un chamamento a participar masivamente na manifestación que ás 20 da tarde sairá da Vía Norte, e que percorrerá as principais rúas do centro da cidade, até rematar fronte á Delegación da Xunta de Galiza en Vigo, na Praza da Estrela.