Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
TTIP, UE e EUA: Golpe transnacional contra a soberanía popular
19/09/2014Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate e Juan Hernández Zubizarreta
O TTIP vai alterar as regras de xogo que coñecemos en Europa, xerando unha estrutura político-xurídica que entroniza definitivamente o ánimo de...
O Califado contra o resto do mundo
19/09/2014Immanuel Wallerstein
A menos que o Califado desmorone no futuro próximo (o que parece muito improvável), este esforço militar irá em breve expor uma vez mais os lim...
A luta pela paz
19/09/2014Ilda Figueiredo
A loucura da guerra é uma ameaça cada vez maior sobre os povos do Mundo, incluindo da Europa, como dramaticamente se vê todos os dias nas afirma...
Galiza diante da encrucillada soberanista. [A 81 anos do IX Congreso das Nacionalidades Europeas]
17/09/2014Uxío Breogán Diéguez
Sen dúbida algunha, a cuestión nacional volve estar de actualidade (se é que nalgunha ocasión deixou de estalo). O proceso soberanista escoc...
Escócia: A economia e a independência
17/09/2014James Foley e Pete Ramand
A Escócia tem os recursos físicos para liderar a nova revolução energética, com um quarto do vento da Europa e do potencial das marés, e um d...
Alucinações bélicas
15/09/2014Jorge Cadima
sanidade pública
5/2/2013 As protestas contra os recortes salariais e nos orzamentos destinados á sanidade pública prolongaranse todo o mes de febreiro
Os traballadores e traballadoras da saúde iniciaban este martes o calendario de mobilizacións en contra dos recortes e as medidas contempladas na Lei de Orzamentos de 2013 que, denuncian, terán graves consecuencias laborais, salariais e para a calidade da prestación sanitaria. As accións de protesta comezaron nos hospitais de Ourense, A Coruña e Barbanza e continuarán o día 7 en Ferrol, Monforte, Pontevedra e Cee.
16/1/2013 A concentración realizarase o domingo 20 de xaneiro, ás 12:00 horas
A Unión Comarcal de Lugo da CIG-Saúde participará activamente na concentración convocada por numerosas organizacións este domingo día 20 de para esixir que se dote dunha vez ao Hospital Lucus Augusti dos servizos de Hemodinámica, Medicina Nuclear e Radioterapia.
18/12/2012 Solicita do goberno galego que inste ao goberno central a derrogar o RD Lei 16/2012 de 28 de maio
CIG-Saúde congratúlase pola sentenza que vén de emitir o Tribunal Constitucional avalando o dereito á atención sanitaria dos estranxeiros non comunitarios sen os papeis en regra. Esta sentenza vén de lembrar o que se recolle no artigo 1 da Lei 14/1986 de 25 de abril da Lei Xeral de Sanidade que estaba baseada no artigo 43 da Constitución e demais artigos relativos. Unha Lei que contempla, no artigo 1, que son titulares do dereito á protección da saúde e atención sanitaria todas/os as/os cidadáns, incluídos os estranxeiros que teñan estabelecida a súa residencia no estado español.
16/12/2012 María Xosé Abuín asegura que “é nazismo” cebarse cos colectivos máis desfavorecidos, cos que padecen enfermidades crónicas ou con quen teñen patoloxías máis graves
O goberno de Mariano Rajoy vén publicando, nas últimas semanas, toda unha serie de ordes ou borradores de ordes, que introducen medidas de recorte nas prestacións sanitarias, desde o (re)pago no transporte sanitario, ortopróteses ou produtos dietéticos, até o aumento do número de medicamentos excluídos ou o pagamente daqueles que son de uso hospitalario para doentes que seguen o tratamento no seu domicilio. A CIG-Saúde denuncia que se trata dun imposto á enfermidade, e que “o PP cébase con aqueles colectivos máis desfavorecidos, máis enfermos, con patoloxías máis graves e con menos recursos”.
13/12/2012 Matiza que o informe presentado representa só a opinión dos seus 10 redactores, e en todo caso do presidente da OMC e da cúpula estatal dos colexios de médicos
Diante das informacións aparecidas na prensa sobre o informe “Profesión médica e reforma sanitaria” solicitado polo presidente da Xunta, e entregado este luns polo presidente da Organización Médica Colexial (OMC), a Agrupación Médica de CIG Saúde considera que se trata dunha operación de marketing a favor de Núñez Feijóo.
5/12/2012 CIG-Saúde denuncia que o fixo en plena campaña electoral pero que, no canto de anuncialo no DOG, recorreu ao Diario Oficial da UE para que pasara desapercibido
O pasado 14 de novembro, en plena campaña electoral, o SERGAS publicou no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) unha oferta para privatizar o servizo de mantemento da Sanidade Pública Galega. A CIG-Saúde, vén de pór en marcha unha campaña para sensibilizar ao persoal das consecuencias que ten esta decisión e de que o camiño para a privatización está en marcha.
4/12/2012 Organizacións sindicais e Plataformas realizaron este martes mobilizacións nos hospitais e centros de saúde
Traballadores e traballadoras dos hospitais e centros de saúde do país desenvolveron este martes unha xornada de protestas en contra do proceso de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público e para demandar que os Orzamentos da Xunta para 2013 se contemplen as partidas necesarias para garantir e fomentar a sanidade pública.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com