27/1/2012
A Xunta aprobou esta semana o Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada e dende o Ministerio de Xustiza anunciouse a modificación da Lei do Aborto
Esta semana o Partido Popular deu un paso adiante na súa política retrógrada e ultraconservadora aprobando en Galiza no Consello da Xunta o Plan Integral de Apoio á Muller embarazada 2012-2014 e, ao tempo, anunciando ante a Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados e Deputadas, a reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Dende a Secretaría da Muller da CIG denúnciase que con estas medidas, o PP pon novos impedimentos ao dereito das mulleres a decidiren libremente sobre os seus corpos.
20/1/2012
A Xunta acorda un incremento do 19% que se aplicará a partir do vindeiro curso
No consello da Xunta celebrado onte, xoves 19 de xaneiro, anunciouse unha suba das taxas das escolas infantís do 19% que se fará efectiva a partir do vindeiro curso. Porén, a suba real é moi superior dado que aínda que o prezo por asistencia pasa do tope máximo de 110 euros mensuais a incrementarse até os 160 euros, o servizo por utilizar o comedor pasa de 33 euros até os 70 euros.
21/12/2011
Contén documentos, lexislación, información sobre axudas e prestacións e un histórico das campañas desenvolvidas pola Secretaría
A Secretaría da Muller da CIG vén de pór en
marcha unha nova sección dentro da web da Confederación Intersindical Galega, a
través da que pretende achegar información dos obxectivos e principios polos
que se rexe a propia Secretaría, actividade, documentación e novas que poidan
ser de interese para o conxunto das mulleres, así como todo aquilo relacionado
coas políticas de igualdade.
25/11/2011
A secretaría da Muller clama contra as subvencións a organizacións ultracatólicas, mentres se recorta en políticas de igualdade, servizos sociais, saúde e educación
No decurso da mañá deste 25 de novembro, Día Internacional contra a
violencia contra as mulleres, celebráronse concentracións simbólicas nas
distintas comarcas de Galiza, para denunciar as consecuencias que as políticas
de recorte dos gobernos do PSOE e do PP están a ter para as mulleres. Medidas
que, co pretexto da crise, eliminan prestacións, servizos e dereitos, agravando
aínda máis as desigualdades entre homes e mulleres.
14/11/2011
A Secretaría de Muller da CIG valora postivamente a medida, pero reclama unha regulación máis ampla que garanta os dereitos deste colectivo
O pasado venres 11 de novembro, o Consello de Ministros aprobou o RD polo que se estabelece a protección por continxencias profesionais –isto é, accidente de traballo e enfermidade profesional- aos traballadores e traballadoras incluídos no Réxime Especial da Seguridade Social dos empregados e empregadas do fogar. Ate o de agora, desde o 1 de xaneiro de 2011 só estaban reguladas a protección por continxencias comúns, sen ter en conta si se trataba de enfermidade ou accidente laboral.
24/5/2011
Este martes 24 de maio o Parlamento Galego debate a totalidade do proxecto de lei
A CIG reitera o seu absoluto rexeitamento ao proxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galiza da Xunta do PP, que este martes, 24 de maio, a partir das 10:00 horas se debate no Parlamento Galego. A central nacionalista subliña o carácter retrógrado e a profunda carga ideolóxica que soporta o proxecto e entende que con esta normativa afóndase no grave recorte de dereitos que están sufrindo as mulleres, asúmese que son un colectivo que se debe protexer e dirixir, recupérase a retórica da familia heterosexual e a da maternidade como papel e función vital das mulleres. Cuestións que, en definitiva, supoñen asumir o control da vida sexual das mulleres.
18/5/2011
A diferenza das anteriores convocatorias, este ano as persoas solicitantes deberán terse acollido á redución de xornada entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que acaban de saír publicadas no DOG as axudas aos traballadores homes e familias monoparentais que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.