20/12/2011
A central lamenta que a Autoridade Portuaria da Coruña se limite a criticar á CIG en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos
Ante as declaracións realizadas polo Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, a CIG quere destacar que foi a propia Inspección de Traballo quen constatou que se retomaron os traballos de desmontado da grúa (paralizados logo da morte dun operario) sen a autorización pertinente e que a central sindical tan só expuxo ante a opinión pública esta situación. Así mesmo, a CIG lamenta que o Porto, en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos, se limite a criticar a CIG e non a investigar e condenar aos culpábeis do accidente e a quen incumpriu o Requirimento da Inspección.
25/10/2011
A Inspección de Traballo trasladou un requirimento a UTE Langosteira e a Grúas Usabiaga polo que paraliza o desmontado do guindastre até que non se garantan as medidas de seguridade
A CIG quere denunciar publicamente o persistente silencio mantido pola Autoridade Portuaria da Coruña quen, a pesar do gravísimo accidente que custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, once días despois continúa sen convocar a Mesa de Seguridade de Langosteira. Ademais, a Inspección de Traballo ten paralizadas as tarefas de desmontado da grúa na que se produciu o accidente até que non se garantan todas as medidas necesarias para realizar os traballos de xeito seguro.
17/10/2011
O pasado venres un traballador falecía nas obras do Porto Exterior da Coruña mentres participaba nos traballos para desmontar unha grúa
O 100% do cadro de persoal da UTE-Langosteira está secundando o paro de 24 de horas convocado polo Comité nas obras do Porto Exterior da Coruña en rexeitamento ao accidente que o pasado venres lle custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, afiliado á CIG. Con este paro o persoal tamén quere trasladar a súa solidariedade á familia do afectado e reclamar a revisión e reforzamento das medidas de seguridade nas obras do porto.
14/10/2011
Un operario de Grúas Usabiaga faleceu mentres traballaba nas manobras de desmontaxe dun guindastre en Punta Langosteira
Diante do gravísimo accidente ocorrido esta tarde nas obras do Porto Exterior da Coruña que lle custou á vida a un traballador de Grúas Usabiaga, a CIG esixe á dimisión dos máximos responsábeis da Autoridade Portuaria en materia de seguridade, así como que se depuren as posíbeis responsabilidades penais por este feito.
22/7/2011
A central sindical denuncia o relaxamento nas medidas de seguridade e lamenta que a única preocupación da Autoridade Portuaria e a empresa sexa asegurar que as obras non sufrirán atrasos
Tras da xuntanza do Comité de Seguridade e Hixiene mantida na tarde de onte, a CIG e o Comité de empresa lamentan que a día de hoxe, a UTE-Langosteira e a Autoridade Portuaria non estean en condicións de presentar o informe do accidente sucedido o pasado 7 de xuño nas obras do Porto Exterior nin avanzar as posíbeis causas que expliquen a caída doutra grúa este mesmo mércores. A central sindical e o Comité de empresa reclaman ditos informes co único obxectivo de mellorar o plano e a aplicación de medidas de seguridade, que a vista está, resultan insuficientes.
8/4/2011
O Comité censura a negativa da empresa a sentar a negociar o novo convenio e reclama a interlocución do Concello no conflito
O persoal de Albada realizou unha nova concentración esta mañá ás portas do Concello da Coruña en demanda da negociación dun novo convenio colectivo que recolla melloras salariais e avances en materia de seguridade e saúde laboral. Durante protesta, os traballadores e traballadoras da planta de reciclado de Nostián tamén demandaron a intermediación do Concello neste conflito, pois “esta é unha concesión municipal e o Concello ten moito que dicir”.
1/12/2010
Denuncian que unha práctica habitual na factoría é xogar ao descoido para que nos días que hai carencia de persoal se salten as normas de seguridade na realización dos traballos
A sección sindical da CIG en Alcoa vén de denunciar publicamente que a multinacional incumpre as medidas de seguridade laboral na área de Electrólise por falta de persoal. A central hai tempo que advirte dos problemas derivados de axustar o cadro de traballadores/as ao mínimo. Por iso, pedíronlle ao conxunto dos traballadores e traballadoras da fábrica que extremen as medidas de prevención e reclaman á empresa que cubra todas as necesidades de persoal que existan.