Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Estado español: O interese do Banco Mundial no recorte das nosas pensións
13/06/2013Carlos Gómez Gil
O que pon en risco o sistema público de pensións no Estado español non é que vivamos máis, senón a falta de cotizantes á Seguridade Social co...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Venezuela: A revolução defende-se
06/06/2013Luís Carapinha
SERGAS
26/1/2010 Solicitan información sobre investimento, capacidade resolutiva, desburocratización, RRHH e os específicos de Pediatría
As organizacións integrantes da Comisión de Seguimento do Plan Mellora da Atención Primaria fixeron entrega, no rexistro da consellaría, dunha carta dirixida á conselleira, Pilar Farjas, demandando a súa posta en marcha e información sobre os indicadores xerais do Plan. Así, demandaron coñecer, desde os investimentos realizados en 2009 e os previstos para 2010, até a capacidade resolutiva por áreas ou o número de prazas creadas por categorías o ano pasado e as previsións para este.
20/1/2010 A dirección do centro permitiu a utilización da roupa de quirófano para uso común
A CIG-Saúde de Lugo vén de reiterar as denuncias pola precaria situación dos traballadores e traballadoras do Hospital Xeral, que continúan sen dispor de uniformes limpos para traballar, xa que estes son enviados á Coruña para a súa limpeza. De feito, explican dende a Federación de Saúde, para “solucionar” esta carencia, a dirección permitiu o uso común da roupa destinada en exclusiva aos quirófanos.
13/1/2010 Lembran que aínda non se lle ten aplicado a carreira profesional, continúan sen cobrar os días festivos e a contratación en fraude de lei non se eliminou
Os traballadores e as traballadoras dos servizos de limpeza dos Hospitais Abente y Lago, Marítimo de Oza, Lavandería de A Grela e Centro de Especialidades de O Ventorrillo continuaron este mércores coas mobilizacións para esixir a aplicación dos convenios colectivos, algún deles asinado hai case catro anos, que os equiparan ao persoal adscrito ao Grupo E do Sergas, pero que as empresas adxudicatarias da contrata continúan sen respectar.
12/1/2010 Diante do inmobilismo das empresas que teñen as contratas do Sergas
As traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza dos centros que integran o CHUAC continúan esta semana coas protestas en demanda do cumprimento dos convenios colectivos e na defensa dos seus dereitos laborais. Este, mércores 13 de xaneiro, desenvolverán unha nova concentración ás 9:45 horas diante da Xerencia do Complexo Hospitalario xa que, até o momento, non se teñen producido avances de ningún tipo por parte das empresas concesionarias do servizo, que se negan a buscar unha saída dialogada a este conflito.
8/1/2010 Durante esta xornada achegarán nova documentación á Inspección de Traballo sobre as irregularidades cometidas polas empresas
As traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC continúan nestes primeiros días do ano co calendario de mobilizacións en demanda do cumprimento dos convenios colectivos e na defensa dos seus dereitos laborais. Desta volta, diante dos reiterados incumprimentos e da falta de movementos por parte das empresa que teñen as contratas do Sergas (Linorsa, Valoriza e SamyL), as protestas trasladáronse até o Centro de Especialidades de O Ventorillo, onde máis de cincuenta persoas levaron a cabo unha concentración.
30/12/2009 As protestas retomaranse en xaneiro á espera da resolución da Inspección de Traballo
Unha mañá máis, as traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC continuaron coas protestas en demanda do cumprimento dos convenios colectivos e pola retirada da sanción a unha compañeira. Esta foi a última concentración que o persoal levou a cabo por este ano (logo dun mes de mobilizacións continuadas), aínda que a falta de movementos por parte das empresas obrigará a iniciar o 2010 con novas reivindicacións.
29/12/2009 A falta de avances por parte das compañías, os traballadores/as continúan co calendario de mobilizacións
A Inspección de Traballo vén de iniciar unha investigación polas múltiples irregularidades cometidas polas empresas que teñen a contrata dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC, logo das denuncias trasladadas pola CIG e os traballadores/as. Aínda que a resolución non estará lista até o vindeiro mes de xaneiro, a CIG-Servizos cualificou de positivo o encontro no que “quedou demostrado que as empresas teñen contratos en fraude de lei”. Así mesmo, o persoal mantén o calendario de mobilizacións diante da xerencia do Complexo para este mércores 30 de decembro.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com