Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Estado español: O interese do Banco Mundial no recorte das nosas pensións
13/06/2013Carlos Gómez Gil
O que pon en risco o sistema público de pensións no Estado español non é que vivamos máis, senón a falta de cotizantes á Seguridade Social co...
Pensións: demografía ou loita de clases?
11/06/2013Juan Torres López
O que en realidade pon en perigo as pensións públicas non é que vivamos máis anos, senón as políticas de austeridade que crean paro, e que por...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Venezuela: A revolução defende-se
06/06/2013Luís Carapinha
SERGAS
28/12/2009 O martes haberá unha xuntanza na Inspección de Traballo
O persoal dos servizos de limpeza dos Hospitais Abente y Lago, Marítimo de Oza, Centro de especialidades o Ventorrillo e a Lavandería de A Grela continuaron na mañá deste luns 28 de decembro co calendario de mobilizacións en demanda do cumprimento dos convenios colectivos, logo de que non se producise ningún avance por parte das empresas e a xerencia do Complexo non presionase ás concesionarias para cumprir os termos das contratas.
22/12/2009 O responsábel explicou que o mércores remata o prazo dado ás empresas para responder ás denuncias do persoal
Caladiños e con esparadrapos na boca para visibilizar o seu silenzo, Así desenvolveron esta mañá os traballadores e traballadoras dos servizos de limpeza do CHUAC unha nova protesta, enmarcada no calendario de mobilizacións para esixir ás empresas adxudicatarias das contratas que cumpran os convenios colectivos e respecten os dereitos laborais do persoal. Os traballadores/as accederon ás instalacións da Xerencia do Complexo, onde se mantiveron concentrados até seren recibidos polo xerente.
21/12/2009 Varias persoas foron identificadas na concentración deste luns
As traballadoras e traballadores dos servizos de limpeza dos centros que integran o CHUAC continúan as mobilizacións para demandar o cumprimento dos convenios colectivos. Logo de vinte días de protestas diarias, as empresas das subcontratas de limpeza do Complexo Hospitalario (Linorsa, Valoriza e SamyL) proseguen na súa teima de incumprir os acordos asinados e publicados e aínda non estabeleceron ningún contacto cos representantes do persoal.
18/12/2009 Os traballadores/as agardaban que a conselleira de Sanidade participase nun acto neste centro
As protestas das traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza do CHUAC trasladáronse esta mañá ao hospital Abente y Lago, onde se agardaba que a conselleira de Sanidade participase nun acto oficial. O persoal, que finalmente non chegou a ver á responsábel do departamento de saúde, advertiu que manterá as mobilización até que dende as empresas e o Sergas se acheguen garantías do cumprimento dos convenios colectivos.
16/12/2009 Foi secundada polo 80% dos traballadores/as, malia terse imposto uns servizos mínimos que nalgúns casos superaron o 100% do cadro de persoal
CIG-SAÚDE valora positivamente a participación das/os traballadoras/es na folga convocada no día 16 de decembro de 2009.  Unha folga que foi secundada, segundo a federación de Saúde da CIG, por máis do 80% do persoal do SERGAS. En todo caso, desde CIG-Saúde subliñan que os motivos que levaron á convocatoria de folga “son compartidos polo 100% das/os traballadoras/es”.
16/12/2009 As traballadoras e os traballadores manteñen o calendario de protestas até que se produzan avances na aplicación dos convenios
Unha mañá máis, desafiando o frío, os traballadores e as traballadoras dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC volvéronse concentrar diante da Xerencia do Complexo Hospitalario para reclamar o cumprimento dos convenios colectivos. Mentres, dentro do edificio, representantes da CIG-Servizos mantiñan unha xuntanza co xerente, na que este se comprometeu a mediar no conflito para acadar a aplicación dos acordos asinados e publicados.
15/12/2009 Na véspera da folga de 24 horas nos centros sanitarios convocada por CIG-Saúde e SAE
Na véspera da folga convocada por CIG-Saúde e SAE na Sanidade Pública galega, os traballadores e as traballadoras desenvolveron unha nova concentración nos hospitais de todo o País na defensa dos acordos asinados e publicados. A mobilización enmárcase dentro do calendario de protestas que está a levar adiante a plataforma sindical unitaria, que este mércores manterá unha xuntanza para estudar a posibilidade de realizar novas concentracións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com