Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Silleda
2/2/2012 Sosteñen que Paloma Hidalgo centrou a súa xestión no recorte de gastos e descoidou a busca de novas vías de negocio
Os tres delegados/as de persoal da Fundación Semana Verde de Silleda (dous da CIG e unha de CCOO) compareceron hoxe en rolda de prensa xunto a representantes dos dous sindicatos para explicar como se atopa a tramitación do ERE e denunciar que a mala xestión da entidade é culpábel da delicada situación económica que provocou nove despedimentos. Tamén amosaron a súa confianza en que o recurso de alzada presentado contra o ERE temporal lles sexa favorábel e adiantaron que nos vindeiros días manterán unha reunión co presidente da Fundación e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
27/9/2011 Os afectados/as manterán unha xuntanza coa Inspección de Traballo este xoves e para o día seguinte está prevista unha reunión coa dirección
Os traballadores/as da Fundación Semana Verde de Galicia conseguiron paralizar hoxe durante hora e media a poxa de gando da feira de Silleda en protesta polo ERE que afectará a 18 persoas. A mobilización, convocada por CIG e UGT, incluíu unha marcha por todo o recinto feiral e unha concentración fronte á sede da Fundación.
13/11/2009 Tamén se constatou que o nivel das preguntas non correspondía coa titulación esixida para a categoría
A CIG-Saúde vén de solicitar ao Sergas que actúe diante das dificultades xeradas nos exames para celadores celebrados a pasada semana en Silleda, xa que moitos dos opositores constaron que na parte específica da proba había preguntas que non debían figurar nese exame, así como que o nivel de moitas das preguntas non se correspondían coa titulación exixida para a categoría.
29/9/2009 o colectivo de traballadores/as quere saber cal vai ser o futuro dos seus empregos
As mobilizacións do cadro de persoal da empresa pública SEAGA seguen adiante. Traballadores e traballadoras trasladáronse até Silleda o 26 de setembro para facer ouvir as súas demandas ante os dirixentes da Xunta que asistiron a un mitin do Partido Popular.
20/11/2008 Fixeron entrega dunha carta na que reclaman a implicación do Presidente da Xunta na resolución do conflito laboral
Un grupo de traballadoras e traballadores do Centro de Atención de Emerxencias 112, desplegaron unha pancarta co lema “112 Solución” no marco da inauguración da Semana verde de Silleda no momento en que Emilio Pérez Touriño realizaba o seu discurso. A pancarta estivo á vista do Presidente da Xunta durante toda a súa intevención, ao remate da cal a Presidenta do Comité de Empresa lle fixo entrega dunha carta na que se lle reclamaba implicación na solución ao conflito laboral que dura xa case dous anos. Xa á saída, e a pesar de que en ningún momento se interrompera o acto, o servizo de escolta do Presidente identificou ao “peligroso” grupo de sindicalistas.
17/6/2008 Demandan á Xunta que cumpra a lei
Perto dun milleiro de persoas percorreron o 12 de xuño as rúas de Silleda para reclamar a viabilidade do recinto feiral e para apoiar aos traballadores e traballadoras que xa alertaran dos problemas que existían na Semana Verde desde había máis de ano e medio. Boa parte dos establecementos comerciais pecharon en solidariedade con este colectivo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com