28/2/2012
O persoal asegura sentirse “enganado e defraudado” e advirte que levará a cabo “mobilizacións permanentes”
Os ex traballadores e ex traballadoras da Torre de Hércules, pechada dende o pasado 15 de xaneiro, entregaron esta mañá no rexistro do Concello da Coruña unhas 8.600 sinaturas recollidas entre os veciños e veciñas da cidade nas últimas semanas. Apoiados nestas sinaturas, os empregados/as trasladaron ao goberno local tres reivindicacións: unha reunión urxente co alcalde, Carlos Negreira; a apertura inmediata do faro romano; e o mantemento dos seus empregos a través do recoñecemento do seu dereito á subrogación.
28/11/2011
Entrega no rexistro da consellaría de Sanidade 400 sinaturas de médicos/as e enfermeiros/as apoiando estas demandas
CIG-Saúde demandou, en rolda de prensa, o
correcto cumprimento dos acordos de Puntos de Atención Continuada (PACs) e
solicitou a reunión, con carácter urxente, da Comisión de Seguimento dos
Acordos para tratar aspectos como cómputo de xornada; confección de
calendarios; cumprimento da acta do 16 de xuño e contratación de persoal das listas.
Antes da rolda de prensa presentou, no rexistro da consellaría de Sanidade, 400
sinaturas de médicas/os e enfermeiras/os sumándose a estas reclamacións.
3/11/2011
A central nacionalista solicita unha entrevista inmediata co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Delegados e delegadas da CIG levaron a cabo unha concentración o mércores para demandar da Xunta de Galiza que regularice as condicións laborais dos traballadores e as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Durante a protesta, a central rexistrou máis de 700 sinaturas de empregados destes servizos nas que solicitan unha resposta inmediata as súas reivindicacións e unha entrevista co Xerente do Consorcio para abordar a situación do persoal.
30/5/2011
Reclaman que no futuro decreto de Ensinanzas Aretísticas Superiores de Grao en Música se recolla a súa creación nos conservatorios superiores de Galiza
A CIG-ENSINO vén de presentar
281 sinaturas de músicas e músicos, reclamando que o futuro decreto de
Ensinanzas Artísticas Superiores de Grao en Música recolla a creación da
especialidade de Dirección de Orquestra nos conservatorios superiores de
Galiza.
19/5/2011
O SERGAS está estudando que FRIAT, unha fundación privada, asuma a súa xestión
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do
Barbanza presentou esta mañá, no rexistro do SERGAS, en Santiago de Compostela,
un total de 7.388 sinaturas en contra da privatización do servizo de diálise do
hospital do Barbanza. A Plataforma denuncia que o SERGAS está estudando que pase
a xestionalo FRIAT, unha fundación privada que xa xestiona o servizo no
hospital de Verín.
29/12/2010
A CIG reclamalle á Xunta que resolva o recurso de alzada contra a autorización do ERE de extinción
Traballadoras e traballadores da Fábrica de Cerámica de Sargadelos de Cervo, acompañados dunha representación da CIG de Lugo-A Mariña, desprazáronse este mércores a Lugo para rexistrar no edificio administrativo da Xunta de Galiza as máis de 5.000 sinaturas recollidas en demanda da readmisión dos oito compañeiros/as despedidos, tras a aprobación dun ERE no mes de setembro.
3/8/2010
O sindicato rexeita a amortización de 70 postos de traballo para substituír este servizo público por empresas de cátering
A CIG-Autonómica presentou hoxe 9.000
sinaturas contra a privatización dos comedores escolares. O acto de
entrega tivo lugar ao mediodía no rexistro xeral do edificio
administrativo da Xunta da Galiza en San Caetano, en Santiago de
Compostela.