Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
subrogación
16/3/2012 Advirten que van denunciar a convocatoria das prazas e que continuarán adiante co calendario de mobilizacións
Os ex traballadores e ex traballadoras da Torre de Hércules compareceron en rolda de prensa este venres ao pé do faro romano para valorar as últimas actuacións do Concello da Coruña a respecto do monumento. Os ex empregados/as consideran que o proceso de contratación temporal de novo persoal que o Consorcio de Turismo vén de convocar “é ilegal”, polo que van proceder á súa denuncia, e advirten que continuarán adiante co calendario de mobilizacións.
13/3/2012 A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de presentar unha pregunta sobre o peche do faro e as consecuencias laborais desta decisión
O conflito que se está a vivir na Torre de Hércules acaba de chegar ao Parlamento Europeo, a través da presentación dunha pregunta parlamentar por parte do eurodeputada do BNG, Ana Miranda. No escrito a representante política pregunta á Comisión o seu parecer sobre o peche do faro Patrimonio da Humanidade así como polas consecuencias laborais que ten para os seus 13 empregados/as.
9/3/2012 Piden a dimisión do alcalde da Coruña polas “súas mentiras que deixan na rúa a 13 traballadores/as e sen Torre de Hércules á cidadanía”
Un grupo de ex empregados/as da Torre de Hércules encadeáronse este venres ao pé da estatua a María Pita – e paradoxalmente arredor da palabra liberdade- para esixir do Concello da Coruña unha solución á súa grave situación laboral, pois case dous meses despois do peche do faro continúan sen garantías de que manterán os seus traballos e sen poder acceder ao cobro da prestación por desemprego.
2/3/2012 Como medida de protesta polo proceso de selección de persoal para o faro que vai iniciar o Concello
Os ex empregados e empregadas da Torre de Hércules continúan adiante coas mobilizacións en defensa do seus traballos e para esixir unha reunión co alcalde da cidade. Nesta ocasión, o persoal realizou unha imaxinaria, a modo das gardas militares, que os mantivo toda a noite do xoves para o venres vixiando a Praza de María Pita.
28/2/2012 O persoal asegura sentirse “enganado e defraudado” e advirte que levará a cabo “mobilizacións permanentes”
Os ex traballadores e ex traballadoras da Torre de Hércules, pechada dende o pasado 15 de xaneiro, entregaron esta mañá no rexistro do Concello da Coruña unhas 8.600 sinaturas recollidas entre os veciños e veciñas da cidade nas últimas semanas. Apoiados nestas sinaturas, os empregados/as trasladaron ao goberno local tres reivindicacións: unha reunión urxente co alcalde, Carlos Negreira; a apertura inmediata do faro romano; e o mantemento dos seus empregos a través do recoñecemento do seu dereito á subrogación.
25/2/2012 O persoal urxe solucións ao Concello porque, alén de quedar sen o seu emprego, non poden cobrar o paro
Un grupo de extraballadores e traballadoras da Torre de Hércules comezaron este sábado unha acampada reivindicativa ao pé do faro en demanda de solucións por parte do Concello da Coruña, xa que máis de un mes despois do peche do monumento continúan sen ter garantías de seren subrogados nin poden acceder ao cobro das súas prestacións por desemprego. Porén, unhas horas despois de comezar protesta, a acampada foi desaloxada pola policía local.
3/2/2012 O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com