marco
Artigos de opinión
Honduras: Para entender o golpe
02/07/2009Elaine Tavares
De repente, um pequeno país da América Central, cuja capital poucos conseguem pronunciar o nome, Tegucigalpa, virou notícia mundial. Uma velha ...
Palestina: Que tipo de solução de dois estados?
02/07/2009Immanuel Wallerstein
Agora que o presidente Obama apoiou tão aberta e publicamente o conceito de uma "solução" de dois estados para a controvérsia/luta i...
Portugal: O fim do pensamento único
02/07/2009Boaventura de Sousa Santos
Não há “uma única solução possível para sair da crise”. Há várias e estas, sem deixarem de ser econômicas, são sobretudo sociais e p...
Honduras: a futilidade do golpe
01/07/2009Atilio A. Boron
O ocorrido en Honduras pon de manifesto a resistencia que provoca nas estruturas tradicionais de poder calquera tentativa de afondar na vida democ...
Um golpe com dias contados
01/07/2009Marco Piva
Não será a reação dos movimentos sociais que reverterá o golpe de estado em Honduras. Por um motivo simples: a sociedade civil hondurenha é ...
As dimensións da crise
01/07/2009Manuel Mera
O eixo do caos
30/06/2009Emir Sader
Telemárketing
2/4/2009 A empresa comprométese a recolocar aos traballadores/as e traer novos servizos á plataforma de A Coruña
09-04-01 RP Eurocen
O Comité de Empresa de Eurocen en A Coruña e dirección da empresa acadaron un preacordo o pasado luns que evitará o despedimento de case 450 traballadores/as e garante a recolocación de gran parte dos afectados/as. O cadro de persoal está convocado a unha asemblea hoxe, xoves 2 de abril, na que se dará conta do preacordo e o venres o documento será sometido a ratificación.
10/3/2009 Novo caso de deslocalización no Telemárketing
Eurocen
O 6 de marzo Eurocen, empresa de telemárketing que ten un centro de traballo na Coruña, fixo público que o vindeiro día 19 de abril rematará a campaña do departamento CRC que dá servizo a Movistar. En total 370 persoas enfróntanse a un posible despedimento. Con incredulidade e enfado recibiu a Sección Sindical da CIG a noticia do suposto fin de obra, pero especialmente a noticia de que durante as últimas semanas COO, UGT, Eurocen e a Consellería de Traballo eran coñecedoras dos despedimentos e estiveron ocultando esta realidade ao persoal, pero tamén ao resto da representación sindical.
6/2/2009 Recoñece o dereito dos traballadores e traballadoras a ser repostos nas súas anteriores condicións de traballo
Atento Coruña 20081104
No mes de novembro a empresa de telemarketing Atento, do Grupo Telefónica, comunicou o traslado de 27 traballadores/as da Plataforma da Coruña cara a León, entre eles estaban un delegado e unha delegada da CIG. Agora a Xustiza declarou improcedentes os traslados.
27/1/2009 Alegan que o “IPC previsto” non existe
bosch#1
O Convenio dos Centros de Chamadas, antigamente Telemarketing, regula  unha suba salarial para o ano 2009 do IPC previsto máis un diferencial do 0,25%. Sorprendentemente a Comisión Paritaria non aprobou as novas táboas salariais debido á oposición da Patronal, que negou a existencia do “IPC previsto” nos orzamentos do Estado e ofertou unha suba do 0,5%.
19/1/2009 A taxa de temporalidade é do 89%
Bosch Vigo
Con 1.256 contratos temporais sobre un cadro de persoal total de 1.414 persoas a decembro de 2008, o Centro de chamadas da multinacional Bosch na cidade de Vigo, encabeza o ranking de temporalidade. A Audiencia Nacional deu por boa esta práctica empresarial.Na empresa de telemárketing Bosch, hai 158 persoas con contrato indefinido, 511 teñen un contrato temporal e hai 745 que teñen contratos de posta a disposición (ETT's). O Convenio de Contact Center establece que un 30% do persoal de operacións debe ter contrato indefinido, pero Bosch non computa os contratos de posta a disposición para este cálculo.
19/11/2008 A empresa mantén a súa intención de botar 105 empregados en decembro
Atento 19 novembro
O cadro de persoal de Atento prosegue co seu calendario de protestas para rexeitar de forma tallante os 27 traslados de compañeiros ao centro de traballo que esta empresa do Telemárketing ten en León. A filial de Telefónica mantén a súa intención de despedir en decembro 105 empregados coruñeses pertencentes ao servizo do “11822”.