11/3/2010
Durante a celebración do xuízo por demanda de rescisión de contratos
Os traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico acudían o mércores 10 de Marzo ao Xulgado do Social número 3 de Ourense, onde ía ter lugar a vista pola demanda de extinción dos contratos de máis de 75 empregados/as da factoría limiá. Na vista quedou demostrado que o proceso de concurso de acredores foi inducido polo Grupo ao que pertence a fábrica e que se produciu unha violación sistemática, no último ano, dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, polo que dende a CIG e o persoal se solicita unha indemnización de 45 días por ano traballado, máis outra indemnización complementar por vulneración de dereitos. Dende a CIG de Verín destacan tamén que, durante o xuízo, os administradores concursais ratificaron nas súas declaracións os argumentos esgrimidos pola parte social, cualificando de fraudulenta a actuación da empresa.
4/3/2010
O alto tribunal galego elimina o pronunciamento do Xulgado do Social sobre esta cuestión
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de invalidar o pronunciamento que o Xulgado do Social número 1 de Ourense realizara sobre o plus de actividade no marco do conflito colectivo presentado sobre a legalidade ou non da xornada imposta pola empresa en xaneiro do 2009. A sentenza do TSXG vén dar a razón aos argumentos manexados pola CIG e os traballadores/as, quen no seu día denunciaron a incrongruencia das consideracións xudiciais sobre uns feitos que se estaban a dirimir no ámbito laboral.
1/3/2010
O Xulgado Social nº 3 de Ourense, dando a razón aos/ás traballadores/as e á CIG, vén de declararse competente para resolver o caso
O próximo día 10 de Marzo, coincidindo cos actos conmemorativos do día da Clase Obreira Galega, vaise celebrar en Ourense, no Xulgado Social nº 3, ás 9:00 horas, un xuízo de extinción de contratos de máis de 75 traballadores/as da Vidreira do Atlántico, S.A., a petición propia, por falta de ocupación efectiva e violación dos seus dereitos fundamentais.
9/2/2010
A autoridade laboral vén de sancionar á dirección da factoría da Limia por incumprimentos graves
A Inspección Provincial de Traballo e S.S. de Ourense vén de pronunciarse, contundentemente, sobre varias accións adoptadas pola Dirección da empresa Vidreira do Atlántico, S.A. que constitúen o núcleo básico do concurso de acredores formulado; rexeitándoas, tipificándoas como graves e, consecuentemente, sancionando a citada patronal.
13/1/2010
O persoal trasladouse este mércores até os Xulgados de Ourense onde levou a cabo unha concentración
Uns 80 traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico concentráronse na mañá deste mércores diante do Pazo de Xustiza de Ourense para reclamar á xuíza que leva a demanda concursal que atenda as reclamacións do persoal e se pronuncie dunha vez sobre todas as medidas adoptadas pola empresa. Dende a CIG reclámase á autoridade xudicial que ampare ao conxunto dos traballadores/as que levan máis dun ano loitando pola defensa dos seus dereitos e que agora se atopan nunha complicada situación por causa da decisións arbitrarias do Grupo BA Vidro.
11/1/2010
Admite que o concurso de acredores constitúe un defraudamento de lei
A CIG, diante das últimas novas aparecidas nos medios de comunicación nos últimos dias sobre o conflito da Vidreira do Atlántico, emitiu un comunicado da prensa no que sinala que "aínda que, aos traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico, nos tería gustado ollar unha actitude activa dos Alcaldes da Limia en defensa dos postos de traballo, acompañada da presentación dunha protesta perante o Presidente do Grupo BA, polo tratamento discriminatorio e represaliante que se está a infrinxir á nosa comarca e a este País; o certo é que as noticias publicadas, relativas á reunión mantida o 8 de xaneiro na
cidade do Porto entre Alcaldes e Presidente do Grupo BA, veñen confirmar e ratificar todo o que, dende Xaneiro do 2009, denunciamos os traballadores e traballadoras da Vidreira e a CIG".