18/10/2012
O comité de empresa de Clece impugnará a decisión e pedirá o rescate do servizo
A empresa Clece, concesionaria do servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais de Vilagarcía, reducirá entre 5.000 e 5.200 horas anuais a xornada laboral das máis de medio cento de traballadoras/es co obxectivo de aumentar beneficios. Dende o comité (CIG e CCOO) acusan á compañía de facer unha oferta á baixa para gañar o concurso e anuncian que impugnarán a decisión e pedirán o rescate da concesión.
12/7/2011
A empresa despediunos un día antes de que rematase o período de proba e os afectados iniciaron peches e unha folga de fame
Os bombeiros do Porriño, Ribadumia e Vilagarcía iniciaron este
luns unha folga indefinida en protesta polo despedimento de dous dos
traballadores do parque porriñés e para reclamar estabilidade
laboral. A empresa Celta Prix, encargada da xestión dos parques
comarcais pontevedreses, decidiu prescindir dos seus servizos un día
antes de que rematase o período de proba alegando que o perfil non
se adaptaba ás súas necesidades e os afectados iniciaron peches e
unha folga de fame.
28/6/2011
As empregadas, que levan entre seis e dez meses sen cobrar, tamén foron suspendidas de emprego e soldo até que se resolva a demanda de rescisión de contrato
A residencia de
maiores Santo Anxo do Grove comezou hoxe a notificar por carta o
despedimento de nove das dez traballadoras de atención directa,
curiosamente as mesmas que solicitaran xudicialmente a rescisión de
contrato xa que levan entre seis e dez meses sen cobrar. A dirección
do centro decidiu tamén suspendelas de emprego e soldo alegando que
están a impedir o seu normal funcionamento.
3/3/2010
Novo acto de protesta contra as reformas laborais do goberno do Estado, cara unha grande mobilización comarcal en Pontevedra o 10 de marzo
Ás dez e media da mañá daba comezo a asemblea de delegadas e delegados da comarca de Pontevedra da CIG, que nesta ocasión tivo lugar no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa. Analizouse neste encontro as pretensións do goberno estatal de reducir os dereitos da clase traballadora e que sexan as traballadoras e traballadores quen continúen a pagar a crise coa reforma laboral, o aumento da idade da xubilación ou o recorte das pensións. Ás doce saiu deste auditorio unha manifestación que percorreu o centro de Vilagarcía até achegarse á oficina da Seguridade Social.
14/7/2008
De administrativo xeral e policía portuaria
As bases da convocatoria aparecen na páxina web do porto de Vilagarcía, e a CIG ven de presentar un recurso de alzada as mesmas para que se declare a súa nulidade por vulnerar o ordenamento xurídico.
12/5/2008
Despois de 12 días de mobilizacións
Logo de doce días de mobilizacións diante da sede da empresa e do Concello de Vilanova, as traballadoras fixas discontínuas decidiron mudar de sitio para seguir denunciando a mesma situación que padecen desde hai anos, e que se incrementou moito nos últimos tempos: a falta de carga de traballo.