marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
xénero
8/2/2010 Denuncian que a empresa pretende desfacerse de persoal e que de 200 traballadores/as que había en 2005, só quedan 150
Granito Porriño
O Comité de Empresa de LEVANTINA, de O Porriño, denuncia a redución de persoal que se vén producindo na empresa nos últimos tempos: no ano 2005, cando aínda se chamaba Graniter, contaba con 200 traballadores/as e na actualidade con só 150; nos últimos 18 meses desfixéronse de 25 traballadoras/es baixo diferentes fórmulas, despedimentos, baixas incentivadas... e agora pretenden trasladar a sete traballadores/as máis, dos que 3 están no Comité de Empresa, dous gozan de redución de xornada por fillos menores, unha foi na candidatura da CIG e outra é eventual. Por iso anuncian o comezo de mobilizacións, con concentracións ás 14:00 horas coincidindo coa saída de persoal de produción e de administración.
27/1/2010 A CIG considera que se trata dun caso de acoso discrimnatorio e que se vulnera o dereito á igualdade
Guía Práctica Plan de Igualdade
Hedegasa S.L., empresa de transporte de viaxeiros ubicada en Calo, no concello de Teo, deixou a unha traballadora sen ocupación efectiva e pasando as horas diante da nave, dentro do seu coche particular, como castigo por ter solicitado o desfrute das súas vacacións ao remate da baixa maternal, e unha redución de xornada para atender a súa filla. A CIG denuncia que esta actuación da empresa pode ser tipificada como acoso discriminatorio e que está atentando contra o dereito á dignidade e honor da traballadora, vulnerando o dereito á igualdade, á integridade física e moral e á tutela xudicial efectiva. Por iso, xa solicitou a inmediata intervención da Inspección de Traballo.
2/11/2009 Achega propostas a incorporar na negociación colectiva desde a perspectiva de xénero
Portada guía
A Secretaría da Muller da CIG vén de publicar a Guía de  Negociación Colectiva desde a Perspectiva de Xénero.  Un manual que pretende servir como ferramenta, fundamentalmente nos procesos de negociación colectiva, para favorecer a implantación da igualdade real nos centros de traballo.
19/10/2009 A Secretaría da Muller da CIG considera que a medida dá un paso na incorporación dos homes ao coidado dos fillos/as
Permiso paternidade
O pasado mércores 7 de outubro, publicouse no BOE, a Lei 9/2009, de 6 de outubro, de ampliación do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida, que recolle por unha banda, a ampliación do permiso de paternidade, regulado no Estatuto dos traballadores, de 13 días a catro semanas ininterrompidas, e por outra, a ampliación da concesión dos permisos de 15 días a 4 semanas por nacemento, acollemento ou adopción regulado na Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública. A citada lei entrará en vigor o vindeiro 1 de xaneiro de 2011.
9/10/2009 A Xunta desenténdese do problema alegando que non ten competencias
Portada guia riscos maternidade e lactación
A CIG-Autonómica denunciou que a unha ATS dunha residencia de maiores de Ferrolterra veñenlle de denegar a solicitude de prestación por risco durante a lactación conforme lle recoñecía o Art. 135 bis da Lei da Seguridade Social, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, o Regulamento de Prevención e a Lei 2/2007 do Traballo en igualdade das mulleres de Galiza. Mentres, o Servizo de Prevención da Xunta, consultado sobre o caso e sobre as súas competencias, manifesta a máis absoluta das imposibilidades, alegando que é competencia exclusiva das Mutuas.
26/6/2009 Dirixido a persoas con nenos/as de 0-3 anos en escolas infantís non públicas
Nenos e nenas
O DOG do 18 de xuño recolle a orde pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia, a través do cheque infantil en escolas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, non sostidas con fondos públicos. A axuda consistirá na cobertura total ou parcial do custo da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos.