marco
Artigos de opinión
Folga Xeral
12/03/2010Francisco Miranda Vigo
Despois da celebración deste 10 de Marzo, que a CIG convocou baixo o lema “O emprego e os salarios deféndense loitando” e que mobiliz...
Estado español: Pensións, demasiado xenerosas?
12/03/2010Vicenç Navarro
O gasto en pensións públicas de xubilación por ancián no Estado español é dos máis baixos da UE-15; só 9.227 unidades de poder de compra, ...
Bate que bate na lingua
12/03/2010Rafa Villar
Con máis ruído que finalmente noces, o Parlamento galego aprobaba, por unanimidade das tres forzas presentes no Parlamento galego, un 22 de sete...
O euro e o Fondo Monetario Europeo
12/03/2010Alejandro Nadal
De se crear, o Fondo Monetario Europeo (FME) aplicaría as mesmas receitas desastrosas que utilizou o Fondo Monetario Internacional no contexto da...
Entrevista a Samir Amin: «A iniciativa aínda está en mans do capital»
11/03/2010Giuliano Battiston
Este sistema é inaceptábel e ineficaz, como demostra o recente nacemento dun planeta de barrios marxinais, os campesiños expulsados das terras ...
Os EUA estão doentes
11/03/2010Boaventura de Sousa Santos
O dez de marzo na lembranza
09/03/2010Manuel Mera
O Chile nas mãos de Piñera
09/03/2010Antonio Lassance
Xinzo da Limia
11/3/2010 Durante a celebración do xuízo por demanda de rescisión de contratos
10-03-10 Xuízo Vidreira Atlántico
Os traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico acudían o mércores 10 de Marzo ao Xulgado do Social número 3 de Ourense, onde ía ter lugar a vista pola demanda de extinción dos contratos de máis de 75 empregados/as da factoría limiá. Na vista quedou demostrado que o proceso de concurso de acredores foi inducido polo Grupo ao que pertence a fábrica e que se produciu unha violación sistemática, no último ano, dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, polo que dende a CIG e o persoal se solicita unha indemnización de 45 días por ano traballado, máis outra indemnización complementar por vulneración de dereitos. Dende a CIG de Verín destacan tamén que, durante o xuízo, os administradores concursais ratificaron nas súas declaracións os argumentos esgrimidos pola parte social, cualificando de fraudulenta a actuación da empresa.
4/3/2010 O alto tribunal galego elimina o pronunciamento do Xulgado do Social sobre esta cuestión
10-01-13 Concentración persoal Vidreira Xulgados Ourense I
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de invalidar o pronunciamento que o Xulgado do Social número 1 de Ourense realizara sobre o plus de actividade no marco do conflito colectivo presentado sobre a legalidade ou non da xornada imposta pola empresa en xaneiro do 2009. A sentenza do TSXG vén dar a razón aos argumentos manexados pola CIG e os traballadores/as, quen no seu día denunciaron a incrongruencia das consideracións xudiciais sobre uns feitos que se estaban a dirimir no ámbito laboral.
1/3/2010 O Xulgado Social nº 3 de Ourense, dando a razón aos/ás traballadores/as e á CIG, vén de declararse competente para resolver o caso
Exterior Vidreira
O próximo día 10 de Marzo, coincidindo cos actos conmemorativos do día da Clase Obreira Galega, vaise celebrar en Ourense, no Xulgado Social nº 3, ás 9:00 horas, un xuízo de extinción de contratos de máis de 75 traballadores/as da Vidreira do Atlántico, S.A., a petición propia, por falta de ocupación efectiva e violación dos seus dereitos fundamentais.
9/2/2010 A autoridade laboral vén de sancionar á dirección da factoría da Limia por incumprimentos graves
20100111vidreira
A Inspección Provincial de Traballo e S.S. de Ourense vén de pronunciarse, contundentemente, sobre varias accións adoptadas pola Dirección da empresa Vidreira do Atlántico, S.A. que constitúen o núcleo básico do concurso de acredores formulado; rexeitándoas, tipificándoas como graves e, consecuentemente, sancionando a citada patronal.
13/1/2010 O persoal trasladouse este mércores até os Xulgados de Ourense onde levou a cabo unha concentración
10-01-13 Concentración persoal Vidreira Xulgados Ourense
Uns 80 traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico concentráronse na mañá deste mércores diante do Pazo de Xustiza de Ourense para reclamar á xuíza que leva a demanda concursal que atenda as reclamacións do persoal e se pronuncie dunha vez sobre todas as medidas adoptadas pola empresa. Dende a CIG reclámase á autoridade xudicial que ampare ao conxunto dos traballadores/as que levan máis dun ano loitando pola defensa dos seus dereitos e que agora se atopan nunha complicada situación por causa da decisións arbitrarias do Grupo BA Vidro.
29/12/2009 Traballadores/as e CIG van formular demanda laboral por falta de ocupación efectiva e denuncia penal contra esta acción do Grupo BA
09-07-27 Concentración Xulgados traballadores/as Vidreira
A dirección da Vidreira do Atlántico vén de dar un paso para o peche definitivo da empresa, logo de decidir, a pesar de non contar coa autorización xudicial pertinente, a clausurar o forno de fusión da factoría, provocando así a falta de ocupación efectiva dos traballadores e traballadoras. Contra esta decisión, o persoal e a CIG, que xa presentaron recurso de apelación contra o auto que estima a solicitude de concurso, van formular demanda laboral por falta de traballo (ocupación efectiva) e denuncia penal por esta acción do Grupo BA Vidrio, ademais de recusar aos administradores concursais nomeados pola súa “inexplicábel pasividade” fronte ás actuacións contra a actividade e o emprego.