19/11/2010
O Xerente da Fundación Galega de Formación para o Traballo considerou a intervención unha opinión política que marxea o permisíbel
A Fundación Galega de Formación para o Traballo mantivo na mañá deste venres unha xuntanza de urxencia, a petición da CIG, para tratar o anuncio realizado polo Xerente deste organismo ao Secretario Confederal de Formación da central sindical, a respecto das intencións de censurar a publicación do relatorio co que a CIG vai participar nunhas xornadas organizadas por esta institución, da cal forma parte.
15/10/2010
Os traballadores/as anuncian que recorrerán á vía xudicial para reclamar os incrementos salariais acordados
Representantes do Comité de Empresa do Centro de Atención de Emerxencias 112 denunciaron, en rolda de prensa, as condicións laborais que padecen e as deficiencias de cobertura no servizo. Responsabilizan desta situación á Xunta de Galiza e a Axencia Galega de Emerxencias e xa anunciaron que, alén de reiniciar as mobilizacións, recorrerán á vía xudicial para reclamar o cumprimento dos acordos acadados coa administración e coa anterior contrata que tiña a concesión do servizo, MKPlan 21.
15/10/2010
A central presentou unha denuncia na Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias por negarse a negociar protocolos de prevención
A FGAMT-CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias do servizo público Noitebús na provincia de A Coruña por incumprimentos na lexislación de Saúde Laboral. O sector de Transportes da CIG lembra que este servizo nocturno ten unhas características peculiares que xeran situacións de perigo para os condutores e condutoras, polo que requiren dunha avaliación de riscos que as empresas se negan a realizar, alegando que se trata dun problema de orde pública do que non son responsábeis.
13/10/2010
A central desenvolveu unha concentración contra a proposta de modificación da Lei de Función Pública Galega, que ademais recupera o sistema de libre designación para as xefaturas de servizo
A CIG plantou esta mañá a xuntanza da Mesa Xeral na que se ía abordar a modificación da Lei de Función Pública Galega, ao entender que nin se respectaron os tempos nin existe vontade de negociación por parte da Xunta, xa que ten previsto aprobar os cambios na normativa a través da Lei de acompañamento dos Orzamentos de 2011. A proposta, achegada ás organizacións sindicais este mesmo luns, inclúe, entre outras, dúas mudanzas especialmente lesivas para a ordenación da Función Pública e cun forte carácter regresivo: a mobilidade forzosa do persoal funcionario da administración e o retorno ao sistema de libre designación para as xefaturas de servizo.
24/9/2010
Reclaman ao goberno un cambio de políticas, a retirada da reforma laboral e garantías para o sistema público de pensións
A sesión plenaria da Xunta de persoal Funcionario da Xunta de Galiza na provincia de A Coruña vén de manifestar o seu “apoio rotundo” á convocatoria de folga xeral do 29 de setembro. A Xunta de Persoal esíxelle ao goberno un cambio nas súas políticas, a retirada inmediata da reforma laboral, garantías para o sistema público de pensións ou a defensa da negociación colectiva, como marco de protección das condicións de traballo.
23/9/2010
A central nacionalista presentará un recurso contencioso-administrativo contra o decreto por consideralo abusivo
A CIG confirma a súa oposición á proposta definitiva de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza na mañá deste xoves por considerar que continúa sendo abusiva e conculcadora de dereitos. Aínda que a administración galega rebaixa as súas pretensións iniciais nalgúns sectores, a central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para o sector público. Por iso, a central nacionalista informa que vai presentar un recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado e vulnera dereitos.
22/9/2010
A central sindical considera que o borrador achegado na mañá deste mércores 22 de setembro resulta abusivo e conculcador dos dereitos dos traballadores e traballadoras
A CIG amosou o seu rexeitamento absoluto á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza esta mañá de cara a xornada de folga xeral do 29 de setembro. A central sindical entende que esta proposta resulta abusiva e conculcadora do dereito que teñen todos os traballadores e traballadoras de secundar a folga, polo que demanda da administración galega que reconsidere a súa oferta para garantir o lexítimo exercicio dos dereitos dos traballadores e traballadoras.