19/4/2010
Delegados/as da CIG-Administración denunciaron os procesos de promoción interna “absurdos, desastrosos e indecentes, pero por riba de todo inútiles”
O pasado venres, delegados/as da CIG-Administración Autonómica e traballadores/as afectados polas probas de promoción interna para o subgrupo C2 desde o corpo de subalternos da Xunta de Galiza concentrábanse en Facenda para denunciar que dun total de 170 prazas ofertadas o tribunal estableceu unha nota de corte que cobre 88 prazas, quedando outras 82 desertas.
16/4/2010
A Xunta remitiu un borrador do decreto de horarios comerciais no que supera o límite das oito xornadas anuais estabelecidas
A Asesoría Xurídica da CIG realizou un informe que pon de manifesto a ilegalidade que cometerá a Xunta se finalmente plasma nun decreto o borrador remitido aos sindicatos que autoriza máis días de apertura dos comercios en domingos e festivos. O Goberno autonómico quebranta o imperativo legal de que sexan os concellos quen determinen que os seus municipios sexan declarados áreas de grande afluencia turística e substitúe a iniciativa local por un informe da Federación Galega de Municipios e Provincias.
15/4/2010
Delegados/as e traballadores/as afectados/as concentraranse o venres 16 de abril ás 12:00 horas diante da Xunta
Tras da desorde do proceso de promoción interna para o subgrupo C2 dende o corpo de subalternos da Xunta de Galiza, a CIG convocou o vindeiro venres 16 de abril unha concentración de delegados/as e traballadores/as afectados/as, diante do Complexo administrativo de San Caetano. Dende a CIG-Administración Autonómica denúnciase a desproporción e a inexistencia de criterios unificados para desenvolver as probas dunha promoción interna, que, denuncian “nada teñen que ver co traballo que realmente fai un auxiliar administrativo no seu posto”. Dende a Federación tamén se demanda a instauración dunha carreira profesional “de verdade” que garanta a limpeza de todos os procesos selectivos.
15/4/2010
Concentraranse diante desta delegación da Administración autonómica todos os dias da semana
O martes 13 de abril as seis despedidas da limpeza do CPI de Panxón entraban no edificio da Xunta en Vigo para demandar unha reunión, que se lle vén solicitando desde hai semanas, á superdelegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares. Asi, con esta medida de presión, conseguían o compromiso dunha reunión coa Administración para abordar o conflito aberto cos seus despedimentos, mais que como non se concretou en ningunha data, decidiron mobilizarse todos os dias da semana desde as once da mañá diante da delegación da Xunta en Vigo, na praza da Estrela.
14/4/2010
O venres 16 de abril ás 11:00h, diante da consellería de Educación en San Caetano
A CIG vén de convocar unha nova concentración o vindeiro venres 16 de abril en contra das intencións da Consellaría de Educación de pechar 8 comedores escolares nas provincias de Lugo e Ourense e eliminar ducias de postos de traballo. A protesta desenvolverase diante do complexo administrativo de San Caetano, a partir das 10:30 horas, coincidindo coa celebración dunha xuntanza entre as organizacións sindicais e a Consellaría.
14/4/2010
Concentración diante da Consellaria de Economia en Compostela o mércores ás 11
Nunha rolda de prensa o martes 13 de abril, na que estivo presente apoiando todo o persoal da fábrica de Vigo, déronse a coñecer tanto novas mobilizacións como novos pasos para continuar na loita contra a especulación da familia Lago nesta conserveira, xa en concurso de acredores, sen actividade e con impago de salarios. Asi, anunciaron que se vai presentar unha denuncia penal contra os actuais propietarios da firma, a familia Lago, donos tamén da sociedade inmobiliaria Promalar, por se existisen posíbeis feitos delictivos na xestión de diñeiro público procedente dos créditos solicitados aos bancos e caixas avalados pola Xunta de Galiza á compañía.
12/4/2010
O martes 13 de abril convocan unha rolda de prensa para dar a coñecer novas accións
As traballadoras e traballadores de Alfageme, tanto na factoría de Vigo como na de Ribadumia, emprenderon mobilizacións desde a primeira semana de abril, e de novo na xornada do luns 12 de abril para demandar implicación das Administracións na solución ao conflito aberto na conserveira.