Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Estado español: O interese do Banco Mundial no recorte das nosas pensións
13/06/2013Carlos Gómez Gil
O que pon en risco o sistema público de pensións no Estado español non é que vivamos máis, senón a falta de cotizantes á Seguridade Social co...
Pensións: demografía ou loita de clases?
11/06/2013Juan Torres López
O que en realidade pon en perigo as pensións públicas non é que vivamos máis anos, senón as políticas de austeridade que crean paro, e que por...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Venezuela: A revolução defende-se
06/06/2013Luís Carapinha
xunta de galiza
12/4/2010 O martes 13 de abril convocan unha rolda de prensa para dar a coñecer novas accións
As traballadoras e traballadores de Alfageme, tanto na factoría de Vigo como na de Ribadumia, emprenderon mobilizacións desde a primeira semana de abril, e de novo na xornada do luns 12 de abril para demandar implicación das Administracións na solución ao conflito aberto na conserveira.
12/4/2010 A Plataforma, da que forma parte a CIG, denuncia o "grave deterioro" ao que o goberno do PP está sometendo á sanidade e a falla de compromiso coa comarca
Milleiros persoas secundaron a manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, en contra da privatización da sanidade. A marcha, enmarcada no amplo calendario de mobilizacións que se están a desenvolver por todo o País contra a política privatizadora do goberno do PP, saíu ás doce do mediodía dende a Praza de España e rematou hora e media despois na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma.
9/4/2010 Denuncian esta nova discriminación cara a provincia de Ourense, carente de solo industrial
O Consello da Xunta de Galiza tomou a decisión nesta primeira semana de abril de anular o proxecto industrial do Val de Rábeda, unha medida que recebe as críticas da CIG da comarca de Ourense polo que ten de discriminatoria con esta provincia, asi como polo necesario deste proxecto que xa dera os seus primeiros pasos.
8/4/2010 Ás 11:00 horas diante do complexo administrativo de San Caetano
As organizacións sindicais veñen de convocar unha concentración de delegados e delegadas da administración autonómica en contra das intencións da Consellaría de Educación de desmantelar 18 comedores escolares e eliminar 71 postos de traballo relacionados con este servizo público. A protesta terá lugar o venres 9 de abril, ás 11:00 horas, diante do complexo administrativo de San Caetano, e nela participarán os catro Comités da Consellaría.
7/4/2010 Lembran que hai 26.888 parados/as e que só no primeiro trimestre do ano xa se presentaron 17 expedientes de regulación
Tras da publicación dos últimos datos do paro, a CIG de Ourense volve advertir dos “estragos que a crise” está a provocar nas taxas de emprego da provincia, así como do imparábel incremento do número de empresas que presentan expedientes de regulación. Dende a CIG-Ourense insisten na necesidade que a Xunta de Galiza deseñe un plano especial de actuación para esta “zona subdesenvolvida”, pois de seguir así, alertan, “camíñase cara a un pozo sen saída”.
6/4/2010 O venres 16 de abril instalarase unha mesa informativa na rúa Barcelona de A Coruña onde se recollerán sinaturas de apoio á iniciativa
Queremos Galego presentou esta mañá en A Coruña a campaña de difusión social do texto da Iniciativa Lexislativa Popular pola garantía dos dereitos lingüísticos nos ámbitos da administración e do ensino, que a plataforma cidadá vai desenvolver até o vindeiro mes de xuño. A campaña, que xa ten pasado por Ourense, Carballiño ou Noia cun notábel éxito, arrincou hai dúas semanas en Ferrol e chegará a partir do 16 de abril a A Coruña, onde cada venres se instalará unha mesa informativa en distintos barrios da cidade para dar a coñecer o texto da ILP, ademais de realizar toda unha serie de actos lúdicos e festivos durante os vindeiros meses. Así mesmo, está previsto un acto en Carral o vindeiro 24 de abril, coincidindo coas celebracións dos mártires.
31/3/2010 Os días 7 e 11 de abril, ás 20:30 horas dende o CHOP e ás 12 horas dende Ambulatorio Fontenla Maristany, respectivamente
A semana próxima as mobilizacións en defensa da sanidade pública galega van continuar nas cidades de Pontevedra e Ferrol. Organizacións sindicais e a Plataforma para a defensa da sanidade da área ferrolá teñen convocadas cadansúa manifestación os días 7 e 11 de abril, respectivamente, en contra das medidas privatizadoras que o goberno galego está a pór en marcha e na defensa dos postos de traballo. A manifestación de Pontevedra sairá dende o CHOP ás 20:30 horas, mentres que a de Ferrol farao dende o Ambulatorio Fontenla Maristany, ás doce do mediodía do domingo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com