Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
xunta de galiza
29/4/2011 A central sindical demanda á Dirección Xeral da Función Pública a paralización e anulación do proceso
A CIG-Administración vén de de denunciar irregularidades na convocatoria dunha praza da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), pois, aclaran, o proceso incumpre a lei de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico. Diante desta situación, o sector de Autonómica da CIG xa remitiu o correspondente escrito á Dirección Xeral da Función Pública demandando a paralización e anulación da convocatoria.
11/4/2011 A secretaría de Formación para o Emprego informa de que para acceder a certas profesións poderíase requirir, nun futuro próximo, o certificado de profesionalidade
A Xunta de Galiza, a través das consellarías de Traballo e Educación, vén de convocar no DOG as normativas polas que se convocan diversos Procesos de Acreditación da Experiencia Profesional, dirixidos a que os traballadores e traballadoras que conten cunha serie de requisitos académicos e  acrediten determinada experiencia profesional, poidan obter o certificado que os habilita para exercer a profesión de que se trate, no sector de actividade no que operen.
8/4/2011 Distribuirán outros tantos, a partir das 20:00 horas, nos accesos de Fontes do Sar, antes do comezo do partido do Obradoiro
Traballadores e traballadoras do Centro de Atención de Emerxencias 112 realizaron un reparto de panfletos e explicaron a situación laboral na que se atopan  a comerciantes e usuarios/as da praza de Abastos de Compostela. O reparto insírese na campaña de sensibilización social que veñen desenvolvendo nos últimos meses para denunciar a precariedade laboral que padecen e reclamar o cumprimento, por parte da empresa concesionaria, dos sucesivos acordos acadados e que, segundo denunciaron, están sendo incumpridos por parte da concesionaria, Telemark-Spain S.L.  
7/4/2011 A CIG denuncia que a Xunta quere desmantelar o servizo e anuncia que seguirán as mobilizacións para reclamar melloras laborais
Axentes antidisturbios da Policía Autonómica desaloxaron os traballadores/as das brigadas helitransportadas de Seaga que ocuparan a base de Toén, en Ourense, para denunciar que a empresa aínda non os chamou para iniciar a campaña de prevención de incendios. Dende a CIG-Servizos denuncian que a Xunta pretende desmantelar un operativo que debera estar en funcionamento dende o mes de marzo e anunciaron que as mobilizacións continuarán até lograr que os empregados da empresa pública acaden unha mínima estabilidade laboral e unhas condicións de traballo dignas.
1/4/2011 A concesionaria do servizo, Telemark-Spain S.L. non paga o acordado, modifica os horarios e as quendas e contrata por horas
Traballadores e traballadoras do Centro de Atención de Emerxencias 112 concentrábanse este venres diante da sede deste servizo público, en Compostela, para denunciar as súas precarias condicións laborais e reclamar o cumprimento dos sucesivos acordos acadados e que, segundo denunciaron, están sendo incumpridos por parte da concesionaria, Telemark-Spain S.L.
31/3/2011 A central nacionalista denuncia que se trata dunha nova agresión da Xunta ao profesorado e á calidade do sistema educativo
A CIG-Ensino inicia unha campaña de recollida de firmas contra a decisión da Consellaría de Educación de levar á mesa sectorial deste venres día 1 de abril unha proposta que supón a eliminación das modalidades relacionadas coa actualización académica e pedagóxica do profesorado o que pode ter incidencia na calidade do ensino. O departamento autonómico suprime as catro modalidades de duración anual e reduce as cuadrimestrais a trimestrais, co que a oferta, aparentemente maior polo número de prazas ofertadas, é realmente unha redución superior ao 27% respecto aos anos anteriores, pois reduce drasticamente a duración das licenzas. Esta proposta supón liquidar o espírito da formación do profesorado, ao tempo que introduce unha maior discrecionalidade na concesión, facilitando actuacións non obxectivas.
30/3/2011 Ante as numerosas preguntas do persoal laboral e funcionario
O sector de Autonómica da CIG-Administración na Comarca da Coruña, ante as numerosas comunicacións e preguntas do persoal funcionario e laboral a respecto do atraso no pagamento das nóminas correspondentes ao mes de marzo, quere demandar da Xunta de Galiza axilidade no abonamento dos salarios e agarda que este sexa un feito circunstancial e puntual deste mes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com