Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Xunta
18/7/2011 A central nacionalista salienta a forte oposición social a unha norma que “nace ao servizo da ideoloxía do PP”
O pasado venres 15 de xullo o DOG publicou a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa. Segundo a CIG-Ensino, nos vindeiros meses poderemos comprobar como esta norma foi imposta cos votos do PP no Parlamento galego co único obxectivo de procurar un mecanismo máis para reducir a presenza da nosa lingua no sistema educativo.
4/7/2011 Reclamará que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución
A CIG-Ensino denuncia que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar volve dar razón da súa incompetencia xa que sabe desde decembro que non ten xente nas listas de substitucións para cubrir as vacantes do seu persoal das galescolas (agora galiña azul) “pero non abre as listas para contar co persoal necesario para que as poidan funcionar con normalidade durante os meses de verán”.
22/3/2011 Piden a dimisión do conselleiro de Industria e do director do Igape, que non deu detalles das ofertas de compra na reunión de onte
As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizaron hoxe unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e do Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa reclamaron a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape despois de que non lles trasladase os detalles das ofertas de compra existentes durante a xuntanza que tivo lugar onte.
10/12/2010 A Plataforma pola defensa da Sanidade Pública considera que a decisión abre a porta á privatización deste servizo
Os membros da Xunta de Persoal do Sergas, representando ás traballadoras e traballadores da Sanidade Pública da área de Vigo, concentráronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza na cidade para rexeitar a licitación do novo hospital, que ao seu xuízo abre a porta á privatización da sanidade pública.
9/11/2010 As centrais sindicais denuncian que a Xunta pretende desmantelar o actual sistema de transporte sanitario público co novo decreto
As centrais sindicais CIG, UGT e CCOO compareceron este martes en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de mobilizacións e dunha xornada de folga no sector das ambulancias de Galiza en contra do recorte nos servizos que pretende a Xunta, recollido do borrador do novo Decreto do transporte sanitario, así como da rebaixa salarial que a patronal vén de anunciar a través dos medios de comunicación. As centrais sindicais desenvolverán asembleas ao longo desta semana para propor ao conxunto dos traballadores e traballadoras do sector a realización dun calendario de protestas contra este novo ataque aos servizos públicos, que ademais podería desencadear a destrución de máis do 30% dos actuais cadros de persoal.
18/8/2010 A Xunta deixou en mans de Indra Sistemas a xestión de expedientes con información sensíbel sen o consentimento dos interesados
A CIG-Administración Autonómica presentou unha denuncia contra a Consellería de Traballo na Axencia de Protección de Datos pola cesión de expedientes da Lei de Dependencia sen o consentimento dos interesados á empresa Indra Sistemas. Solicitou tamén unha entrevista coa secretaría xeral de Traballo para frear a privatización dun servizo que a Xunta “está a deixar esmorecer para xustificar unha xestión privada” e obtivo como resposta un escrito “bochornoso” que di que a privatización é unha proposta dos traballadores/as e critica a xestión do bipartito.
17/8/2010 A central sinálaos como responsábeis de actuacións “improvisadas e arbitrarias” que poñen en risco vidas durante a extinción de lumes
A CIG-Autonómica reclama a dimisión do responsábel do distrito forestal de Ourense (Miño-Arnoia), Olivier Reboredo Campos, e do xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Ricardo Vecillas, por seren os responsábeis de actuacións “improvisadas e arbitrarias” que poñen en risco vidas durante a extinción de lumes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com