20/4/2010
A Dirección Xeral de Relacións Laborais comprométese a proporcionar á CIG toda a información do programa de formación para afectadas/os por ERE no téxtil
Unha representación do Comité de Empresa de Tréves e da FGAMT-CIG, nomeadamente do seu secretario nacional, Xosé Fernández Piñeiro e a secretaria nacional do Téxtil, Dores Martínez, reuníronse este luns 19 de abril co Director Xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, no marco da Comisión de Control e Seguimento da aplicación de ERE. Unha xuntanza na que se constatou a ausencia de avances na aplicación dos acordos asinados cando se efectivizou o peche da empresa entre a parte social e a administración.
11/3/2010
Unha fallo no sistema eléctrico do edificio de Chapela deixou patente a ineficacia do plano de evacuación
O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar de Pontevedra denunciou publicamente a falla de medidas de seguridade no centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela. As carencias quedaron ao descuberto durante unha avaría do sistema eléctrico no edificio o pasado 28 de febreiro, no que se demostrou que o plano de evacuación non garante a seguridade de residentes e persoal e precisa dunha revisión urxente. Así mesmo, dende o Comité dirixíronse aos responsábeis da Xunta para que esixan responsabilidades á dirección do centro pola intervención tardía e o deixamento amosado.
4/3/2010
A incerteza sobre o futuro do persoal desta factoría obriga a volver ás mobilizacións
O 4 de marzo estaba convocada unha nova xornada de folga na fábrica que a conserveira Alfageme ten na cidade de Vigo. De novo, o seguimento foi do 100%, e estivo acompañado de distintas mobilizacións nesta xornada, desde unha manifestación desde as oficinas de Alfageme por Beiramar, durante máis dunha hora e media cortando o tránsito, até unha concentración diante da Xunta de Galiza en Vigo, e por último unha marcha até a casa de Juan Lago no Areal e unha nova visita á sede da inmobiliaria Promalar, en García Barbón.
3/3/2010
Vivíronse momentos de tensión coa policia
O persoal da Cruz Vermella segue coas mobilizacións para rexeitar o peche do hospital, nesta ocasión o mércores 3 de marzo concentráronse diante do edificio da Xunta e posteriormente encadeáronse diante da Dirección Provincial do SERGAS.
25/2/2010
A factoría de Ribadumia tamén se somara a esta convocatoria
O xoves 25 de febreiro ás once da mañá tiña lugar unha rolda de prensa no local da CIG de Vigo, na que participaron o Comité de Empresa de Alfageme de Vigo, o secretario nacional da FGAMT-CIG, Xosé Fernández Piñeiro, e un representante sindical da UGT. O motivo desta comparecencia diante dos medios de comunicación era tanto para trasladar unha analise do actual contexto que atravesa esta conserveira, e nomeadamente da súa factoría en Vigo, e dar a coñecer a convocatoria de novas mobilizacións e dunha folga para o próximo 4 de marzo, diante da situación de paralise na que se encontra este conflito.
17/2/2010
Estiveron até pola tarde no cuarto andar en Campolongo, reclamando a mediación da Xunta
Os traballadores e traballadoras de instalacións deportivas, en folga indefinida desde o 1 de febreiro de 2010 pecháronse ás 12 da mañá do martes 16 de febreiro no edificio da Xunta, no cuarto andar, en Campolongo. O motivo que os levou a esta nova mobilización é que o venres 12 de febreiro de 2010 a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, comprometeuse a mediarno conflito e sentar as partes, e a dia de hoxe aínda non tivo lugar a devandita mediación. Pola tarde efectivos da Policia Nacional desaloxaron a estes traballadores e traballadoras
21/12/2009
Os traballadores e as traballadoras prepáranse para levar a cabo o martes unha mobilización nacional en Compostela
Os traballadores e as traballadoras de instalacións deportivas de Galiza desenvolven este luns a terceira xornada de folga consecutiva no sector sen que a patronal se teña movido das súas posicións, a pesar do rotundo éxito da convocatoria. O persoal, que tamén levou a cabo mobilizacións diante de distintas administracións, ten convocada unha manifestación nacional este martes en Compostela para esixir á Secretaría Xeral para o Deporte que se implique no conflito.