Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
1/3/2011
Secretario nacional da Federación da Banca.
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
13 de marzo: O nacionalismo defenderá o aforro

Imaxina alguen mercar un piso e quedar coa casa e co diñeiro pagado metido nun armario? A sociedade galega está a piques de ser vítima deste calote. O Goberno central, que non é propietario das caixas de aforros, decidiu que estas saian a venda a un prezo inferior ao real e quen as merque quedará coas caixas e co diñeiro que poña para quedarse con elas.

 Cecais o termo privatizar non é o máis acaido para a situación, sería mellor falar dun novo saqueo do público, do ben común.

 O PSOE pretende entregar as caixas a non sabemos quen, pero nin o Goberno central, nin a Xunta de Galicia, nin os concellos, nin as deputacións ingresarán un céntimo pola privatización destas entidades sociais. Como se pode explicar económicamente esta operación? De ningún xeito, agás que as caixas sexan unha moeda de pago para tranquilizar aos especuladores.

 Novacaixagalicia xestiona nada máis nin nada menos que 5 de cada 10 euros que circulan en Galiza e é depositaria dun patrimonio común acumulado co aforro das familias galegas durante dous séculos . Como se invista ese patrimonio, participando no accionariado de empresas de sectores estratéxicos (enerxía, telecomunicacións, pesca, naval, lousa, etcétera) e como se xestione o noso aforro é fundamental.

 Agora o Goberno central coa complicidade da Xunta de Galicia pretende entregar ese patrimonio ao capital privado e deixar que sexan outros, que só procuran o seu ben particular (lucrarse), os que xestionen o noso aforro.

 Galiza non ten axencia tributaria de seu e padece un sistema de financiamento discriminatorio por parte do Estado, a cegueira e o españolismo do Partido Popular impediu a reforma do Estatuto de Autonomía. E os fondos europeos que recibimos de Europa están a piques de ser recortados ou liquidados.

 Só xestionando aquí o noso aforro seremos capaces de adiantar a recuperación económica e gañarnos o futuro, é para iso que defendemos a existencia dunha caixa de aforros galega baixo control público. Se ningunha persoa deixa que o veciño lle xestione a súa carteira, por que temos que facelo de xeito colectivo?

 O 13 de marzo o nacionalismo defenderá novamente o aforro, o emprego e o país.

 

[Artigo tirado do ‘Xornal’, do 28 de febreiro de 2011]

cig.prensa@galizacig.com