marco
11/12/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Grecia: lume a discreción

A crise que estourou estes días en Grecia é esta. A crise do neoliberismo, en salsa conservadora e socialista. Un modelo que significou unha cousa soamente: que o Estado non existe. Unha idea platónica, unha ilusión. O que hai en verdade é unha burocracia totalmente submisa ante os intereses privados.

Había que seguir esta crise paso a paso. Había que ver esta clase política democrática, os aclamados herdeiros dos grandes líderes do período seguinte ao dos coroneis: o neto Karamanlis, e o fillo Papandreou. Ver os seus colaboradores, ministros e portavoz inclinándose ante os poderes fortes, velos sometidos a humillacións nas televisións privadas suplicando aos bancos e enxalzando aos empresarios. Un espectáculo deprimente. Unha clase política de ignorantes, de inútiles, de hábiles caloteiros. Saben inglés pero non teñen unha soa idea, un só proxecto. Non teñen maior ambición que o chalé en Mykonos.

A crise que estourou estes días en Grecia é esta. A crise do neoliberismo, en salsa conservadora e socialista. Un modelo que significou unha cousa soamente: que o Estado non existe. Unha idea platónica, unha ilusión. O que hai en verdade é unha burocracia totalmente submisa ante os intereses privados, que van desde os dos poderosos señores das canles de televisión aos grandes construtores pasando polo policía algo nervioso que dispara cando lle parece.

Esta é a Grecia que tentan exorcizar os mozos encarapuchados mediante a súa revolta. Un país dominado pola ilegalidade, a prepotencia, os abusos do famoso “mercado”. Os poderes públicos, os elixidos democraticamente, están noutros lugares: nos iates, nas televisións, en Kolonaki, o barrio elegante de Atenas devastado onte. Ao carón, ao carón, dos grandes esmoleiros privados. Quede claro: referímonos á dereita no goberno. Aínda que os socialistas tampouco foron mellores, e a xente sábeo.

Esta privatización de todo e de todos tivo consecuencias devastadoras na orde pública. Era previsíbel. Agora xa non hai policía grego que non estea ao servizo dalgún interese privado legal (un partido ou un político) ou ilegal. Os salarios e os ascensos na carreira seguen a sorte dos seus grupos de referencia privados e non a xerarquía interna.

O ano pasado a policía tentou facer unha redada nun campo de haxix en Creta. Respondéronlles con refachos de metralleta: un morto e seis feridos graves. Non volveron tentalo. Quen non se suma a algún grupo destes, actúa máis por ignorancia que por honestidade. Os poderes criminais? Os grupos mafiosos? Dominas a escena.

Grecia até hai 20 anos era un dos países máis seguros de Europa. Agora as camadas máis populares na enorme área suburbana de Atenas xa non saben de quen teñen que defenderse: dos propietarios, dos policías ou dos criminais? E a lei? O ano pasado encarceraron a tres xuíces corruptos, pero non se fixo limpeza. Esta desatinada (non) política da orde (non) público é o que transformou o barrio Exarjia, recuncho pintoresco de artistas e bohemios até hai vinte anos, nun bastión de rebeldes, sempre no limiar entre o espontaneísmo das barricadas e a delincuencia común. Ao non poder conter a algúns centos de “insurrectos”, os policías sempre se vingaron de modo esaxerado, en favor dos intereses privados, de mala maneira.

Unha desfetia. Os rebeldes creceron e a súa influencia estendeuse. Nestas xornadas a sangue e lume de Atenas demostraron que teñen na man o movemento de protesta. Un liderado cego, sen saídas nin perspectivas. Trátase en calquera caso da colleita dunha afastada semente chamada bipartidismo perfecto. Se non hai alternativa críbel, non queda máis que o lume.

[Artigo tirado do sitio web ‘Rebelión’, do 11 de decembro de 2008]