Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
12/12/2011

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O presidente uruguaio, Pepe Mújica, na Celac.

Os presidentes Correa, o ministro de Exteriores venezuelano Maduro, Chávez e Evo Morales na Celac.

América Latina está que arde: A Celac sentencia a morte a OEA e os Cumios Iberoamericanos españois

Mentres Europa se debate na procura dun amo-mesiánico, Latinoamérica deu as costas a ese submundo chamado por eles «o norte» que a famosa canción venezolana dos anos 20 cantaba como «El norte es una quimera».

O santo negro frei Martín de Porres contaba entre os seu milagres facer comer nun mesmo prato a «perro, gato y pericote» (can, gato e rato). A Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) é un milagre máis complicado. En primeiro lugar, porque fere de morte a unha organización como a Organización de Estados Americanos (OEA), con sede en Washington, aos pés dos desexos e caprichos dos Estados Unidos, que expulsaron a Cuba da Organización, na xuntanza de Montevideo, 31 de xaneiro de 1962, por declararse marxista-leninista.

A Celac vacínase desde o seu nacemento da inxerencia estadounidense (e do seu alter ego Canadá) excluíndo ambos os Estados. Lembremos a actitude fachendosa e ameazante de Estados Unidos en todas as organizacións internacionais cando non se lexitiman os seus asasinatos ou non se fai o que eles desexan. A última ameaza dos estadounidenses foi contra a Unesco por permitir o ingreso de Palestina como Estado membro.

Pero un dos principais valores do milagre da Celac é a inclusión de visións ideolóxicas distintas e a vontade de apartalas para lograr o que pode ser o contrapeso da emerxente Asia e o declive ideolóxico, demográfico e económico de Europa, máis preocupada en acatar ordes que nas ideas.

Este «prato» chamado Celac ten un «santo» detrás que demostra a errática, equivocada e tola política que Europa (o Estado español o primeiro) mantivo contra o presidente venezuelano.

Sen o pulso afouto do presidente venezuelano sería impensábel unha organización supraestatal que, malia as diverxencias ideolóxicas e persoais, permite que desde Evo e Raúl até Calderón e Santos senten na mesma mesa e compartan o mesmo prato. Coa Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños non só está ferida de morte a OEA como organización, senón tamén os Cumios Iberoamericanas que organiza e financia o Estado español para xustificar ante a Unión Europea e o mundo unha influencia ficticia en Latinoamérica á que, nun acto de prepotencia, incluso obriga a chamarse como eles queren: Iberoamérica.

 

[Galiza, decembro de 2011]

cig.prensa@galizacig.com