Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
13/12/2010

Sociólogo e científico social histórico estadounidense, nado en Nova York en 1930. De filiación marxista, ntre as súas achegas está a teoría do sistema-mundo. Foi profesor de socioloxía na Universidade de Binghamton até a súa xubilación en 1999, así como director do Centro Fernand Braudel para os estudos económicos, sistemas históricos e civilización. Na actualidade, escribe os seus comentarios quincenais no sitio web do Fernand Braudel Center.

Entre os seus numerosos libros pódense salientar: The Modern World-System (vol. 1, 2 e 3), Historical Capitalism (1983), The Politics of the World-Economy. The States, the Movements and the Civilizations (1984), Geopolitics and Geoculture: Essays on the Changing World-System (1991), After Liberalism (1995), Decline of American Power: The U.S. in a Chaotic World (2003) ou European Universalism: The Rhetoric of Power (2006).

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
E se falamos da pobreza?

Durante os 15 ou 20 anos en que o Consenso de Washington dominou o discurso do sistema-mundo (contra 1975-1995), a pobreza foi unha palabra tabú, mesmo cando se incrementaba de vez. Díxosenos que o único que importaba era o crecemento económico, e que o único camiño ao crecemento económico era deixar que o e"mercado" prevalecese sen interferencia "estatista" ningunha, agás excepto, por suposto, a do Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Tesouro estadounidense.

 A señora Thatcher de Gran Bretaña legounos a súa famosa consigna TINA "There Is Non Alternative" [non hai alternativa], coa que quería dicirnos que non había alternativa para ningún Estado que non fose Estados Unidos e, supoño, o Reino Unido. Os países do sur, sumidos nas tebras, unicamente tiñan que abandonar as súas inxenuas pretensións de controlar o seu propio destino. Se o facían, entón poderían algún día (pero quen podería dicir cando) ser recompensados con crecemento. Se non o facían, estarían condenados -atrévome a dicilo?- á pobreza.

 Hai moito que terminaron os días de gloria do Consenso de Washington. As cousas non melloraron para a maioría da xente do Sur global -máis ben ao contrario- e a rebelión estaba no aire. Os neozapatistas levantáronse en Chiapas en 1994. Os movementos sociais puxeron en cuestión á reunión da Organización Mundial de Comercio en Seattle, en 1999 (da cal nunca recuperar). E o Foro Social Mundial comezou a súa vida expansiva en Porto Alegre en 2001.

 Cando a así chamada crise financeira asiática estalou en 1997, ocasionando amplos danos económicos no leste e o sueste asiático, que se expandiron a Rusia, Brasil e Arxentina, o FMI sacou do peto unha serie de trilladas demandas para estes países, se querían algunha axuda. Malaisia tivo o valor de dicir non grazas, e Malaisia foi a que máis axiña se recuperou. Arxentina foi aínda máis audaz e ofreceu pagar as súas débedas a máis ou menos 30 centavos por dólar (ou nada).

 Indonesia, porén, volveuse a enganchar e axiña o que parecía unha moi estábel e duradeira ditadura de Suharto chegou á súa fin debido a un levantamento popular. No momento, ninguén agás Henry Kissinger, nin máis nin menos, lle tusiu ao FMI, dicindo, en efecto que tan estúpido se pode ser... Era máis importante para o capitalismo mundial e Estados Unidos manter a un ditador amigábel no poder en Indonesia que facer que un país seguise as regras do Consenso de Wáshington. Nun famoso editorial aberto, Kissinger dixo que o FMI actuaba "como un doutor especialista en sarampelo que intenta curar todas as enfermidades cun só remedio".

 Primeiro o Banco Mundial e logo o FMI aprenderon a lección. Forzar os gobernos a aceptaren como política as súas fórmulas neoliberais (e como prezo pola asistencia financeira cando os seus orzamentos estatais están en desbalance) pode ter nefastas consecuencias políticas. Resulta que despois de todo hai alternativas: o pobo pode rebelarse.

 Cando a seguinte burbulla rebentou e o mundo entrou no que hoxe se refire como a crise financeira de 2007 ou 2008, o FMI sintonizou máis coas desagradábeis masas que non coñecen o seu sitio. E louvado sexa, o FMI descubriu "a pobreza". Non só descubriron a pobreza, senón que decidiron proporcionar programas para "reducir" a chea de pobreza no Sur global. Paga a pena entender a súa lóxica.

 O FMI publica unha coidada revista trimestral chamada Finance - Development. Non está escrita para economistas profesionais senón para o público máis amplo de deseñadores de políticas, xornalistas e empresarios. O número de setembro de 2010 inclúe un artigo de Rodney Ramcharan cun título que o di todo: "A desigualdade é insostíbel".

 Rodney Ramcharan é un "economista de alto rango" no departamento africano do FMI. Dinos -a nova liña do FMI- que "as políticas económicas que simplemente se enfocan nas taxas de crecemento medio poden ser perigosamente inxenuas." No Sur global unha alta desigualdade pode "limitar os investimentos en capital humano e físico que impulsen crecemento, incrementando os chamamentos en favor dunha retribución posibelmente ineficiente". Pero o peor é que unha gran desigualdade "dálles aos ricos maior voz que á maioría, menos homoxénea". Isto á súa vez "pode sesgar aínda máis a distribución do ingreso e osificar o sistema político, o que conduce no longo prazo a consecuencias políticas e económicas aínda máis graves".

 Parece que o FMI finalmente escoitou a Kissinger. Teñen que preocuparse tanto polas masas sen lavar nos países de gran desigualdade, como polas súas elites, que tamén atrasan "o progreso" porque queren manter o seu control sobre a man de obra non cualificada.

 Volveuse o FMI repentinamente a voz da esquerda mundial? Non sexamos parvos. O que quere o FMI, do mesmo xeito que os capitalistas máis sofisticados do mundo, é un sistema máis estábel onde os seus intereses de mercado prevalezan. Isto require torcerlle o brazo ás elites do Sur global (e mesmo do Norte global) para que renuncien a unhas poucas dos seus mal habidas ganancias en favor de programas de "pobreza" que acougarán o suficiente aos pobres, sempre en expansión, e acougarán os seus pensamentos de rebelión.

 Pode ser demasiado tarde para que esta nova estratexia funcione. As caóticas flutuacións son moi grandes. E a "insostíbel desigualdade" medra acotío. Pero o FMI e aqueles os intereses dos cales representa non van deixar de intentalo.

 

[Artigo tirado do xornal ‘La Jornada’, do 11 de decembro de 2010]

cig.prensa@galizacig.com