Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
14/5/2012

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Central de Bankia en Madrid. © Xurxo Martiz (CIG-Migración)

Sector financeiro español: «el más sólido del mundo»

Entre... © Xurxo Martiz (CIG-Migración)

 Sociedade de cómplices, para falsear e delinquir, é o que nos presenta a realidade despois da inxección de diñeiro publico a Bankia. Lembrome dos chamados «test de resistencia» aos bancos e caixas do Estado español que «voluntariamente» presentara o goberno socialista de Zapatero ás autoridades fiscalizadoras comunitarias. O Committee of European Banking Supervisors (CEBS) publica o resultado en xullo de 2010 no chamado test de estrés da banca europea co fin de esvaer incertezas e dúbidas ante a solvencia do sistema financeiro do Estado español, que en palabras de Zapatero: «seica conta co sistema financeiro máis sólido da   comunidade internacional».

 Os resultados non puideron ser «mellores»,  e despois de enganar, inflando e maquillando balances, informes de xestión, colocando inmobéis embargados coma activos, etc, etc, ás autoridades europeas, Novacaixa Galicia, hoxe Nova Galicia Banco (Evo fóra do noso país), e o Banco Pastor saían con resultados «positivos». Despois de coñecelos o daquela presidente do Banco Pastor, José María Arias, subliñaba a solvencia da súa entidade e aseveraba nun comunicado que «aínda no peor dos escenarios» o Pastor non precisaría capital nin fusións con outras entidades.

 Hoxe todos estes exames, probas de estrés, control do Banco de España e auditorías resultaron ser falsas… ou medio falsas que é o xeito de adubiar a mentira. Era o segredo menos segredo entre a cidadanía que a meirande parte dos bancos e caixas estaban quebradas. A venda das chamadas «preferentes» que a tantos aforristas prexudicou na Galiza foi un xeito de conseguir «accionistas» e liquidez indirecta mentres podían manterse.  

 Esta semana Bankia súmase ao «escolleito» clube dos sospeitosos habituais das finanzas españolas. A negativa de Deloitte a asinar as contas de 2011 rematou coa carouta de «normalidade» e frases feitas dos políticos e directivos de entidades fusionadas zombis. Despois de recibir axudas do BCE agora vai recibilas do Estado español, sen ser nacionalizado, é dicir, unha vez saneado… será devolto aos mesmos directivos do Partido Popular que ou ben dirixen bancos ou son ministros ou secretarios xerais segundo toque.  O exemplo de Bankia é unha clara mostra de que non todas as perdas do sector financeiro están no «tixolo». Bankia especializábase en finaciar os desmáns faraónicos dos políticos do PP (Madrid e Valencia principalmente); a financiación dos comboios do metro de Madrid ou a renovación permanente do préstamo de 500 millóns de euros á Comunitat Valencià son un exemplo, a guerra interna no PP na destitución-sustitución do anterior presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, entre Gallardón e Aguirre forma parte do lameiro no que o PP converteu Bankia.  

 Nos resultados do test de estrés da banca europea de 2010 ningún banco do Estado español foi apercibido pola mala súa mala situación financeira. As únicas entidades europeas que non superaron as probas foron o alemán Hypo Real State e o grego ATEBank, unha mostra máis da incapacidade das fiscalizacións da UE.

 Que dirá hoxe Esperanza Aguirre sobre a «autoregulación do mercado nunha economía libre no que intervención do Estado (con diñeiro público) na empresa privada e un atentado á liberdade» Seguro que nada.

 

[A Coruña, 12 de maio de 2012]

 

cig.prensa@galizacig.com