Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
Crise na eurozona e o dogmatismo neoliberal da Comisión Europea

Os déficits públicos son tan vellos como o capitalismo. Tras a descuberta no século XVII do déficit público “permanente”, os mercados financeiros viven dese déficit, e non para mal. Un ano si e outro tamén, todos os Estados contraen nova débeda, a fin de poder devolver vellos empréstitos que chegan ao seu vencemento.

O refinanciamento destes cobros pendentes non representa normalmente ningún problema. Faise, evidentemente, problemática cando Estados como Grecia ou Portugal, Irlanda e o Estado español perden reputación e os mercados financeiros, axudados polas axencias privadas de cualificación do risco -precisamente!-, disparan á alza os intereses dos seus empréstitos. Só Grecia necesita en 2010 uns 53.000 millóns de euros en novos créditos para atender ao pagameto de créditos vencidos. Con xuros moi superiores ao 6% e recargos por risco dun 3,75% e máis, a carga dos xuros chegará previsibelmente a resultar insoportábel para o orzamento público grego. Máis, dado que o goberno de Atenas se dispón a seguir o férreo curso de austeridade pública que os mercados financeiros e a Comisión Europea queren imporlle.

Se os gregos queren que o seu déficit pase en só tres anos dun 12,7 a un 2,8 por cento do PIB mediante recortes orzamentarios e “reformas fiscais”, a desfeita está anunciado. Calquera xermolo de reviviscencia conxuntural ha verse cortado en seco. Grazas á interferencia da Comisión Europea, o “saneamento” non significa outra cousa que supresión de postos de traballo, recorte de salarios e pensións, posta en cuestión de bens públicos e retroceso nas prestacións públicas de servizos de saúde, educación e formación. Así pois, máis desemprego, máis traballo en negro e máis economía mergullada e un sector público máis depauperado: as condicións ideais para unha florecente corrupción.

A solución destes problemas resulta obvia, e sería extremadamente sinxelo poñela en marcha. Abondaríabondarn marcha. sitio web 'ntino 'o 'go ao Socialismo (MGS)

OE en Galiza.

con que os Estados da Eurozona se apoiasen mutuamente mediante un europréstito garantido por todos eles e polo Banco Central Europeo (BCE), un europréstito que, grazas ao Banco de Investimentos da UE, podería organizarse moi rapidamente e colocarse doadamente nuns mercados financeiros que nadan en diñeiro. Grecia podería saír do apuro en que se ve, e a solidariedade dos europaíses daría un bo chasco aos mercados financeiros e ás axencias privadas de cualificación do risco. Gañaríase tempo para poder encarar finalmente os problemas estruturais da UE e da Eurozona, nomeadamente o representado polos extremos desequilibrios entre os países membros, desequilibrios dos que se beneficiou, sobre todo, a economía exportadora alemá e aos que, sobre todo, contribuíu a política económica alemá da pasada década.

Pero non haberá tal. O pechado dogmatismo dos neoliberais que teñen vara alta na Comisión Europea e no BCE impedirá tamén agora que ocorra algo que resulta tan necesario como razoábel. Oporanse con todas as súas forzas a que se cambie a desafortunada política do dumping salarial e fiscal. Seguirán todos enganándose a si propios e crendo que se pode ter unha moeda común sen dispor dunha política económica coordinada e dun sistema de compensación financeira. E así até final.

[Artigo tirado do sitio web ‘Sin Permiso’, do 14 de marzo de 2010]

cig.prensa@galizacig.com