Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
16/7/2012

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir

NO PAN. Tenda de chineses en Madrid (Xurxo Martiz - CIG-Migración)

: crise : : dereita : : Estado español : : PP :
O Partido Popular xa non é nin liberal nin de centro

Congreso dos Deputados, Madrid (Xurxo Martiz - CIG-Migración)

«Oiga usted, yo soy de un partido de derechas y nacionalicé un banco...». Esta é, se cadra, a afirmación máis transcendente e profunda de Rajoy durante anos. Pronunciada durante o pleno extraordinario da cuarta feira, 11 de xullo, en que explicou as razóns que o levaron a socializar as perdas da nefasta iniciativa privada financeira da gomina e ximnasio con pulseiras masculinas incluídas, Rajoy dixo unha das cousas que moitos sabiamos pero nunca escoitaramos de ninguén do seu partido: son de dereitas e non de centro.

 Nesa nebulosa ideolóxica, de quita e pon, con FAES incluída, da que a dereita reaccionaria española se disfrazou estes derradeiros anos, por razóns de pudor e porque crían que era máis moderno, Rajoy sustentou o rescate da banca privada (cos nosos cartos) dicindo que non lle gustaba pero que non lle quedaba máis remedio.

 Nas memorias do derradeiro comandante do campo de concentración de Auschwitz (witz en alemán significa brincadeira, por certo), Rudolf Hess, aseguraba que a el non lle gustaba gasear xudeus, xitanas etc... pero que non lle quedaba máis remedio.

 Malia ser macabra a comparanza, en 2012 ninguén pode sustentar e lexitimar as súas decisións (sobre a próxima mala vida das demais) nese : «eu non quero mais non teño outro remedio».

 É falaz, é unha mentira, a explicación do presidente español segundo a cal o rescate bancario é para protexer os aforros da xente e os postos de traballo etc. O Fondo de Depósitos español garante 100.000 euros a cada aforrador, cifra afastada da realidade da xente, pois poucos cidadáns deste Estado, e menos agora, teñen esa cantidade no banco. Por que, daquela, non protexeron os das preferentes ou os incautos que mercaron as accións de Bankia e perderon todos os seus cartos?

 Que as sociedades actuais precisan dos bancos ninguén o pon en dúbida. A quebra de Bankia, Novagalicia Banco e outros máis, unida á responsabilidade penal dos seus responsábeis, non custaría tantos traballos coma os que van custar estas medidas económicas... ademais, seica non hai outros bancos que «teoricamente» fixeron todo ben?

 Podemos durmir tranquilos... Rajoy e os seus, ademais de liberais, de centro, «iupiguais» e supermodernos, son de dereitas, Rajoy dixit. 

 

 

[A Coruña, 16 de xullo de 2012]

cig.prensa@galizacig.com