Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
18/6/2012

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Desemprego e lingua galega

 Recentememente algúns inmigrantes preguntáronme polos certificados Celga de lingua galega. Alegan que desde as oficinas do Servizo Galego de Colocación (vaia nome!), un funcionario, en perfecto castelán, por certo, lles exixe ese certificado para poder realizar cursos de inserción laboral.

 Poder realizar estes cursos, aos que moitas veces está vencellada unha axuda económica de 426 euros, converteuse en misión imposíbel para estes traballadores que hai pouco tempo, “tanta falla facían”.

 Pero o da lingua galega e o Servizo Galego de Colocación ten o seu aquel. Os funcionarios, na súa inmensa maioría en vilas e cidades grandes, diríxense aos cidadáns en español, mesmo a desempregados galego-falantes.

 Un destes desempregados galego-falantes foi requirido polo funcionario, en español, pola súa certificación de galego, pois el colocara no formulario a súa aptitude no galego falado e escrito.

 O desempregado, licenciado universitario nunha carreira de humanidades, preguntoulle por que lle solicitaban unha certificación de destreza en galego, a súa lingua habitual e non de español. Como sabe o funcionario que fala e escribe español sen necesidade de certificación oficial?

 Este “monopolio” das certificacións de suficiencia en lingua galega, discriminatorias con respecto ao español, que tan mal fala e escribe moita xente (desde A Coruña a Sevilla, pasando por Madrid), non é máis ca un exemplo inconsciente e diario da preeminencia da lingua española que, ademais de ser imposta, se dá por suposta.

 

 

[A Coruña, 18 de xuño de 2012]

cig.prensa@galizacig.com