Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
20/6/2012

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Bandeiras estranxeiras, españolas, na rúa san Andrés, A Coruña. Xurxo Martiz (CIG-Migración)

Cartaz do 50 aniversario do Día das Letras Galegas. Foto: Xurxo Martiz (CIG-Migración).

Feijoo: convidado de pedra na longa noite de pedra da súa autoría

Negreira, Feijoo e Méndez Ferrín. Detrás os aniquiladores Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo. (Xurxo Martiz. CIG-Migración)

Gallaecia Petrea é a exposición que o mausoleu pepeiro da Cidade da Cultura acolle estes días, inaugurada o 15 de xuño polo presidente de Galiza. Un día despois, na Coruña, a Real Academia Galega (RAG) conmemoraba o 50 aniversario do Día das Letras Galegas.

 O acto, na praza María Pita, contou coa participación dos 30 alcaldes das localidades nas que naceron os 50 escritores homenaxeados, que leron durante 20 segundos unha pasaxe do escritor que representaban.

 O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, activo militante contra o galego, leu un discurso institucional no que pasaba lista desde Rosalía até Castelao, pasando por Curros, enterrado como un heroe nacional polo pobo galego na Coruña, até as Irmandades da Fala, tendo coma eixo central a defensa do galego e o carácter nacional de Galiza que sempre acubillou A Coruña. Todo palabras. De estaren vivos todos os citados na lista, ningún lle dirixiría a palabra a Negreira.

 O presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, ante a presenza dos máis violentos e activos inimigos do idioma galego en democracia (o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo) chamou á resistencia contra as agresións constantes ao galego (desde a propia Administración) e sinalou que o Día das Letras Galegas era «arma de orgullo para todo un pobo que fala, le e escribe no seu idioma; é, cada ano, un toque de a rebato á resistencia do que seremos sempre, sempre, sempre».

 Malia estar previsto que o presidente Feijoo pechase o acto cunhas palabras, iste optou por non dicir ren, como as pedras da exposición que inaugurara o día anterior. O presidente de pedra galego, que puido aforrar a súa presenza no acto, prolonga a longa noite de pedra que sufriu o  noso pobo desde 1486 até hoxe co seu silencio, porque se as pedras coma el falasen, falarían mal do noso idioma. Aínda así, o peor non é o que diga ou cale, senón o que fai coa nosa cultura, coa nosa identidade, rebaixada a acto folclórico ou a exposición de mausoleu, morta coma as pedras, coa compracencia de gran parte da poboación galega, que prefire mirar cara a outra parte, por exemplo, á «Roja» dando patadas a un balón ou a un tenista cun reloxo de 500.000 euros, para sentir «orgullo» da máis absoluta alienación de seguir teimando en ser o que non somos e no que queren converternos os que calan coma pedras.

 

[A Coruña, 19 de xuño de 2012]

cig.prensa@galizacig.com