Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
21/8/2012
Secretario nacional da Federación da Banca.
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Galiza: 25.000 anos con vacas, unha década sen elas

Nas excavacións  na Cova de Eirós apareceron as primeiras pinturas rupestres que se descubriron na Galiza. Segundo os expertos habería representacións de bóvidos, familia da que entre outros animais forman parte as vacas. Quizás quen pintou as covas pertencía a unha cultura que aínda non tiña vacas, pero xa as cobizaba e de aí que as enxalzou pintándoas no máis fondo da cova.

Na Cova de Eirós en Triacastela xunto a imaxes de cervos e cabalos apareceron imaxes que poderían corresponder a bóvidos. Coñecendo aos galegos/as quero pensar que se trata de vacas. De ser así os nosos antergos conviviron 25.000 anos coas vacas. Mao Tsetung fixo a revolución alimentaria na China baixo a premisa “unha familia, un porco”, os galegos e galegas descubríramos moito antes que o mellor xeito de esquivar a fame era “unha familia, un porco e unha vaca”.

Hoxe Galiza xa non é o pais do millón de vacas, quedan 10.648 explotacións lácteas, a terceira parte das existentes fai 10 anos. No que vai de ano pecharon máis de cincocentas explotacións gandeiras. Agora 25.000 anos despois Galiza queda sen vacas, froito das limitacións da UE coa complicidade dos gobernos central e autonómico. Esa é a auténtica raíz do problema: un sistema inxusto que favorece as multinacionais e arruína aos pequenos produtores.

A este paso os galegos e galegas levaremos aos nosos fillos e fillas á Cova de Eirós, non para contemplar a Capela Sixtina do arte rupestre en Galiza, si non para ver vacas. Si quedamos galegos e galegas, claro.

cig.prensa@galizacig.com