Os medios informan que o copago dos medicamentos que quere implantar o PP aos pensionistas supón 8 euros ao mes.
Coa sanción de 3.000.000 de euros (500 millóns das antigas pesetas) que a Xunta de Galicia lle condonou a Telmo Martín (militante e candidato do PP) podería eximirse do copago a 375.000 pensionistas (3.000.000 euros / 8 euros mes), ou o que é o mesmo podería esimirse do copago a 31.250 pensionistas galegos/as durante todo 1 ano.
O "secretario nacional de Sanidad y Asuntos Sociales del PP" dixo que o esforzo que se lle pide aos pensionistas equivale a 4 cafés ao mes.
Outra alternativa polo tanto sería que os pensionistas galegos convidasen ao tal Telmo Martín a tomar 187.500 cafés. Nun sitio caro, que os cafés que os cidadáns tomamos no bar da esquina non custan 2 eurazos. O único perigo sería que con tanto café a cúpula do PP remataría dos nervos, si é que ainda non estan.
En fin, agardamos que a cidadanía tome nota: ao copago hai que contestarlles co-voto.
[Galiza, 23 de abril de 2012]