Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
26/7/2011
Secretario nacional da Federación da Banca.
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Conde Roa vestido de que?

Conde Roa, Jorg Haider e Adolf Hitler.

Unha das imaxes destacadas polos medios do día da Patria Galega foi a do líder do PP santiagués, Conde Roa, cun traxe tradicional que os medios destacaban como “galego”. Pola contra a chaqueta tiña un toque austríaco/bávaro. Nos países xermanos é habitual que os lideres da ultradereita luzan traxes “rexionais”.

O falecido líder ultradereitista Jörg Haider vestía habitualmente o traxe austríaco nas súas actividades políticas ao mais puro estilo populista, unha costume que ven de atrás, o austríaco Adolf Hitler tamén lucia habitualmente traxes tiroleses ou bávaros nas súas aparicións públicas. A vestimenta de Conde Roa o 25 de xullo tiña moitas semellanzas, nomeadamente a chaqueta, coas que habitualmente vestiron entre outros eses falecidos lideres da ultradereita xermana.

Mentres o Partido Popular continua coa súa campaña feroz e sen tregua contra o noso idioma, o maior sinal da nosa identidade, nin a medalla de Galicia ao ILG, nin Conde Roa disfrazado cun traxe “galego”, poden agochar a política españolista antigalega que busca a nosa asimilación absoluta como pobo a través da imposición definitiva dun idioma alleo.

Non vou ser eu quen lle diga a ninguén como debe vestir, faltaría mais, en todo caso Gerardo Conde Roa queda ben vestido ao estilo austríaco, como tamén quedaría ben vestido de toureiro ou de chulapo. Por que de galego, estes do PP, pouco, moi pouco.

 

[26 de xullo de 2011]

cig.prensa@galizacig.com