Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
27/9/2012

Nado en 1946 (Seoane-Allariz), foi secretario xeral da central sindical nacionalista INTG e membro da Executiva confederal da CIG até o ano 2009.
Na actualidade, é director Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical de Galiza, vinculada á CIG.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: feijoo : : Galiza : : historia :
A historia non é o forte de Feijóo

Fronte a reclamación do BNG de que os galegos e galegas poidamos decidir sobre todo aquilo que nos atinxe, Núñez Feijóo sentenciou que somos España dende hai 500 anos, amosando que a historia non é o seu forte.

 Ante todo cómpre lembrarlle que o Reino de Galiza foi formalmente suprimido en 1833, e que este feito será un dos detonantes da Revolución de 1846 no noso país. Por iso na defensa de Bos, Aires contra a invasión inglesa en 1806, “os peninsulares” organizáronse segundo o reino de procedencia, entre eles o “Tercio de Gallegos”. Tamén por esta razón en 1807, cando o levantamento contra a ocupación francesa, fórmase unha Xunta Suprema na Galiza que asume toda a soberanía e asina acordos con Portugal e Castela e León, crea un exército e envía embaixadores a Inglaterra.

 É verdade que no século XIX o Reino existía máis como algo formal que real (como hoxe algúns estados da ONU), xa que pertencía a coroa de Castela dende había séculos, que ordenaba ao seu antollo. Mais en situacións de debilidade da Coroa, como durante a invasión francesa, esta formalidade convertíase en capacidade real a todos os niveis para exercer a soberanía. A nosa situación antes de 1833, era a que agora ten Escocia no Reino Unido, e o que a diferenza de Flandres e Cataluña, por poñer outros dous exemplos.

 Asemade, convén lembrar que a confederación dos reinos de Galiza e León pasou a depender de Castela en 1230, e que aínda así, a nobreza galega axiu con autonomía, e mesmo procurou a unidade con Portugal (1369 e 1397) e constituír un Reino independente (1386). Sen dúbida a superioridade de Castela, demográfica e militar, desde a incorporación de territorios antes baixo o control musulmán, así como o cisma relixioso entre Avignon e Roma (1395), crean atrancos difíciles de superar para obter a soberanía ou unha modificación de forzas na península, mediante a incorporación a Portugal, favorábel aos intereses da nosa nación.

 Hai pouco máis de 500 anos os reis Católicos decidiron “castrar e domar” a Galiza (1486), ou sexa efectivizar a conquista do Reino a todos os niveis, iniciando un proceso de asimilación (colonización) por Castela que dura até hoxe. Algo que non podemos considerar positivo, a menos que asumamos como un éxito propio o que outros nos impuxeron; iso sería alienación. O Presidente de Galiza debía coñecer mellor a historia do país que goberna.

 

 

[Vigo, 26 de setembro de 2012]

cig.prensa@galizacig.com