Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
4/11/2009

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
La Voz de Galicia asasina 14.000 galegos en Venezuela

Segundo La Voz de Galicia “Los gallegos de Venezuela soportan la mayor ola de violencia con 14.000 homicidios en un año” http://www.lavozdegalicia.es/pdf/2009/11/H2P1.pdf tres páxinas enteiras dedicadas a un artigo tendencioso e desinformado. As mortes, que do titular se entende que son das deceas de milleiros de galegos e os seus descendentes, son da poboación venezuelana en xeral.

Despois das imaxes da carnizaría nas favelas de Rio de Janeiro desta semana, a guerra constante de Colombia, que na prensa española non existe nada máis que na guerrilla e non na delincuencia común,  e o masacre das decapitacións do narcotráfico en México, pareceme fóra de toda lóxica querer premiar a Venezuela cun título que non se merece máis, malia os seus merecementos, ca outros.

A violencia en Venezuela é un mal endémico. Recomendo ler Viajeros de Indias, 1961, do psiquiatra venezuelano Francisco Herrera Luque, para tratar de comprender as oríxes e o por qué da violencia en Venezuela, que existía antes da chegada ao poder do presidente Hugo Chávez.

Pero so que si se esquecen sempre os “entendidos” analistas españois, cando falan de índices de violencia e da seguridade dos “seus” nacionais á outra beira do océano, é da violencia en Estados Unidos, país co máis alto índice de violencia e presos do mundo... pero esa violencia non dá para titulares analfabeto-fantasmagóricos, senón para crúas realidades que a prensa trata de tapar como se tapa o sol cun dedo. Éche o que hai.

cig.prensa@galizacig.com