Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
7/1/2009

Viviu 30 anos en Latinoamérica. Estudoso do exilio económico e político galego.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Polonia ataca Alemaña. Palestina ataca Israel

Nun exercicio inescrupuloso de cinismo e brutalidade, os ministros de Relacións Exteriores da Unión Europea pediron a Hamas que cese nos seus ataques a Israel. O pobre ministro de Relacións Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos, pediu que cesasen os ataques de Israel... e de Hamas.

O 1 de setembro de 1939 soldados alemáns, disfrazados con uniformes polacos, atacaban un posto fronteirizo entre Alemaña e Polonia. O ataque non era máis que unha montaxe para xustificar a posterior invasión alemá de Polonia. Para a historia da infamia humana quedarán as imaxes da cabalaría polaca, a cabalo e con lanzas, pelexando contra os panzer alemáns. Un mes aguantaron os heroicos polacos as ben fornecidas tropas alemás. A prensa colaboracionista titulou nas súas primeiras páxinas, entre elas toda a prensa española, que Polonia atacara Alemaña.

Setenta anos despois, o Estado asasino israelí e os seus cómplices estadounidenses e europeos sinalan os palestinos non colaboracionistas (Hamas) e únicos propietarios da lexitimidade democrática, nunhas eleccións que a Unión Europea pasou polo forro da dignidade, como provocadores dos ataques desproporcionados dun Estado psicópata dentro dun sistema mundial inxusto, mentireiro e cínico.

Retrotraendo o tempo, hoxe, o ministro español e as súas comparsas europeas, condenarían a heroica defensa a cabalo dos soldados polacos. Non condenarían o ataque nazi a Polonia senón que "esperarían" unha análise detallada dos acontecementos e, en fin, esperarían a morte de centos de miles e millóns para nomear unha comisión que investigase o sucedido.

Estados embusteiros, gobernos desvergoñados, desgrazados e errantes aínda que non tatexantes á hora de engarzar mentiras, boubas e eufemismos. A historia non terá contemplacións con eles, e a min e a miles de ben nacidos xamais nos terán como cómplices no silencio nin no sufrimento dun pobo<A[pobo|vila]> como o palestino e unha organización como Hamas, que demostrou unha e mil veces que a verdade e a Historia lles farán xustiza.

[A Coruña, 6 de decembro de 2008]
cig.prensa@galizacig.com