Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
8/11/2010

Membro da Executiva confederal da CIG.

Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: CIG : : clase traballadora : : folga : : lixo : : Ourense :
A folga da recollida do lixo en Ourense: con marca de clase

Vén de rematar a folga que durante unha semana mantiveron os traballadores da limpeza viaria e da recollida do lixo na cidade de Ourense.

Convocante: Comité de Empresa (catro Sindicatos).

Reivindicación única: Readmisión de Adelina Basteiro, única muller no cadro de persoal (máis de 170 persoas) que encabeza a lista electoral da CIG.

Propietarios da UTE Ecourense: FCC e COPASA.

Os medios de comunicación crucificándonos a diario; unha patronal poderosa, que desde o primeiro momento anunciou que estaba disposta a botar o pulso e gañalo; e un governo municipal teoricamente progresista -composto por PSOE e BNG- que se desentendeu do problema e só actuou cando había centos de toneladas de lixo nas rúas, as protestas veciñais comezaban a arreciar, e os traballadores en folga cada vez amosaban maior capacidade de loita, de forza e de unidade.

Nesta coxuntura, destacou sobremaneira o estilo propio da nosa Central, que foi quen de levar a carga e o peso practicamente en solitario, manter coesionado ao Comité de Empresa, infundir moral de loita aos traballadores e imprimir o confllito do noso concepto e do noso modelo de acción sindical. Non houbo reivindicación económica algunha. Foi unha Folga de Solidariedade como había tempo non se levaba a cabo.

Con estes ingredientes, a vitoria estaba asegurada. Tan só era cuestión de tempo.

E así, na mañá do venres 5 de novembro conséguese o acordo coa empresa en sede municipal. A compañeira Lina é readmitida, a empresa desactiva as accións xudiciais que pretendían evitar que se apresentara ás eleccións sindicais, e mesmo se crearon mecanismos de compensación económica polas xornadas de traballo perdidas.

Esa data entre o Samaín e os Magostos será sempre recordada como a dun triunfo sen paliativos da clase traballadora, da demostración da eficacia da forza e da unidade, por grande que sexa o inimigo, da defensa da dignidade e dun canto á liberdade.

Velaí a nosa marca, o noso estilo, o noso modelo. Por sempre.

 

 

[Ourense, 7 de novembro de 2010]

cig.prensa@galizacig.com